Tero Pitkämäki
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fi) Tero Kristian Pitkämäki 19 de decembro de 1982 (41 anos) Ilmajoki, Finlandia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia |
Altura | 195 cm |
Peso | 92 kg |
Actividade | |
Ocupación | lanzador de xavelina , atleta |
Nacionalidade deportiva | Finlandia |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Lanzamento de xavelina |
Participou en | |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Premios
| |
Páxina web | teropitkamaki.com |
Tero Kristian Pitkämäki, nado en Ilmajoki (Finlandia) o 19 de decembro de 1982, é o primeiro lanzador de xavelina e antigo campión mundial. Fixo a mellor marca persoal en 91.53m, no ano 2005.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Pitkämäki rematou 8º na competición de xavelina para homes nos Xogos Olímpicos de 2004 co resultado de 83.01 m e dende entón desenvolveuse como un dos lanzadores de xavelina líderes mundiais. Dende agosto do 2005, cando lanzou 91.53 m, converteuse nun dos favoritos para o Campionato Mundial de Atletismo 2005, que foi celebrado no seu país de orixe. Porén, quedou tan só de cuarto cun resultado de 81.27 m. Pitkämäki gañou a súa primeira medalla quedando segundo nos Campionatos Europeos de Atletismo 2006.
O venres 13 de xullo do 2007, durante a Liga de Ouro 2007 estaba en Roma no Estadio Olímpico. Tero Pitkämäki lanzou unha xavelina demasiado lonxe e desviada á esquerda e pegoulle ao saltador francés Salim Sdiri nun lado do lombo. Sdiri foi levado a un hospital de Roma por urxencias aínda que presentaba feridas que non revestían gravidade.
O 5 de agosto Pitkämäki gañou o seu 4º triunfo finlandés consecutivo cun lanzamento de 89.43 metros. No Campionato do Mundo de Atletismo 2007 en Osaka, Xapón, Pitkämäki gañou a súa segunda medalla de ouro en xavelina cun tiro de 89.16 metros. Co seu último tiro da competición, mellorou o seu resultado final a 90.33 metros.
O 5 de outubro do 2007, Tero Pitkämäki foi honrado como o Atleta Europeo do Ano pola Asociación de Atletas Europeos. As súas 11 marcas que perseguen o récord, incluíndo a marca de Campión Mundial, a Liga de Ouro en Oslo e París e a súa mellor marca, tamén en Europa, cun tiro de 91.23 metros foron os factores para escollelo. En decembro, Pitkämäki foi votado o Deportista finlandés do Ano polos membros da Asociación de Periodistas Finlandeses. Impúxose ao campión mundial de Fórmula Un Kimi Räikkönen entre outros.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- [1] Arquivado 16 de setembro de 2008 en Wayback Machine.