Termais Santa Rosa de Cabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Termais de Santa Rosa de Cabal son unha fonte de augas termais situadas a 10 quilómetros de Santa Rosa de Cabal, en Risaralda, Colombia.[1] É o complexo termal máis concorrido da rexión, así como un dos seus principais atractivos turísticos.

As augas termais ricas en minerais son produto do influxo do sistema volcánico do Parque Nacional Natural Os Nevados, provenientes de augas meteóricas que ingresan até o profundo de terra e son expulsadas cara ó exterior nesta zona, contando con numerosos abrochos que son aproveitadas polas infraestruturas do complexo. Nacen da terra a unha temperatura de 70 °C e baixan polas fervenzas até as piscinas termais a 40 °C.

O complexo termal ten zona de spa e masaxes, hotel, restaurante, e conta con rutas ecolóxicas e outras actividades como descenso en cordas pola fervenza.

A uns 26 km desde os Termais de Santa Rosa de Cabal atópase outro coñecido complexo termal, os Termais de San Vicente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Santa Rosa de Cabal - Risaralda". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018.