Terapia hormonal substitutiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A terapia de substitución hormonal (TSH) ou terapia hormonal substitutiva é un sistema de tratamento médico para a menopausa cirúrxica, a perimenopausia e, en menor medida, para mulleres na menopausa. Baséase na idea de que o tratamento pode previr as molestias causadas pola menor cantidade de hormonas (estróxenos e proxesterona) presentes no sangue. Supón o emprego dun ou máis fármacos pertencentes a un grupo deseñado para elevar artificialmente os niveis hormonais. Os principais tipos de hormonas que se usan neste tratamento son: estróxenos, proxesterona ou proxestinas, e ás veces testosterona. A miúdo tamén se lle chama tratamento no canto de terapia.

Parche transdérmico de estradiol, para terapia con estróxenos.

Visión xeral[editar | editar a fonte]

A terapia de substitución hormonal está dispoñible de varias formas. Xeralmente fornécense doses baixas dun ou máis estróxenos, e a miúdo tamén se fornece proxesterona ou un análogo químico chamado proxestina. Tamén se pode incluír testosterona. Ás mulleres que sufriron unha histerectomía, fornéceselles habitualmente un composto estroxénico que contén algunha clase de proxesterona, unha terapia chamada "terapia de estróxenos sen oposición". As terapias de substitución hormonal adminístranse mediante parches transdérmicos, comprimidos, cremas, pílulas, dispositivos intrauterinos (DIU), aneis vaxinais e, máis raramente, mediante inxeccións. As doses adoitan ser variadas ciclicamente, con tomas diarias de estróxenos, e proxesterona (ou proxestina) durante dúas semanas cada mes ou dous meses; un método chamado "TRH combinada secuencial".[1] Un método alternativo de máis recente aparición é chamado "TRH combinado continuo" e consiste nunha dose constante de ambos os tipos de hormonas tomadas diariamente. Ás veces, engádese un andróxeno, xeralmente testosterona, para tratar a libido diminuída. Tamén pode tratarse a diminución de enerxía e axudar a diminuír a osteoporose que adoita aparecer trala menopausa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Terapia de Reemplazo Hormonal. Trincado, Mª Milagros