Saltar ao contido

Terapóntidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terapóntidos
 Nome taxon
    Terapontidae
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeCentrarchiformes
FamiliaTerapontidae Editar o valor en Wikidata
Richardson, 1842 Terapontidae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0c40f5 Editar o valor en Wikidata
ITIS650201 Editar o valor en Wikidata
OTT1089730 Editar o valor en Wikidata
CoLKVV3V Editar o valor en Wikidata
EOL5198 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Terapon jarbua

Os terapóntidos ( Terapontidae; tamén recollido como Teraponidae, Theraponidae ou Therapontidae ) son unha familia de peixes perciformes pertencentes á suborde Percoidei.

O nome procede do grego tera, -atos: monstruoso, estraño; e pontios, mariño.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Son de corpo alargado, lixeiramente comprimido lateralmente. Alcanza tamaños de ata 80 cm. No opérculo presentan dúas espiñas; preopérculo serrado.

A aleta dorsal está dividida nunha primeira parte de 11-13 raios espiñosos e unha segunda con 9-11 raios brandos; a parte espiñosa é depresible nunha bolsa basal. Na aleta anal, 3 raios espiñosos seguidos de 7-10 raios brandos. As aletas pelvianas insírense por detrás da base das pectorais e posúen unha espiña e 5 raios brandos. A caudal é redondeada ou truncada.

A liña lateral, continua e sen interrupcións, segue o perfil dorsal ata alcanzas a aleta caudal.

Hábitat e bioloxía

[editar | editar a fonte]

Inclúe especies mariñas pero tamén de augas salobres e de auga doce, distribuídas polos mares do Indo-Pacífico.

Aliméntase de peixes, algas e pequenos invertebrados.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Segundo WORMS divídese nos seguintes xéneros:

  • Amniataba
  • Bidyanus
  • Hannia
  • Helotes
  • Hephaestus
  • Lagusia
  • Leiopotherapon
  • Mesopristes
  • Pelates
  • Pelsartia
  • Pingalla
  • Rhynchopelates
  • Scortum
  • Syncomistes
  • Terapon
  • Variichthys

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]