Teorema de Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En teoría de números,o teorema de Lucas expresa o resto da división do coeficiente binomial por un número primo p en función da expansión en base p dos enteiros m e n.

Teorema[editar | editar a fonte]

Para os enteiros non negativos m e n e un primo p, cúmprese a seguinte relación de congruencia:

onde

son as expansións en base p de m e n respectivamente. Utilizando a convención se m < n .

Proba[editar | editar a fonte]

 

Proba baseada en funcións xeradoras

Esta proba débese a Nathan Fine.[1]

Se p é primo e n é un enteiro con 1 ≤ np − 1, daquela o numerador do coeficiente binomial

é divisible por p mais o denominador non o é. De aquí que p divide a . En termos da función xeradora ordinaria, isto significa que

Continuando por indución, temos para todo enteiro non negativo i que

Agora sexa m un enteiro non negativo, e sexa p un primo. Escribimos m en base p, para algún enteiro non negativo k e enteiros mi con 0 ≤ mip-1. Daquela

onde no produto final, ni é o i-ésimo díxito na representación en base p de n. Isto proba o teorema de Lucas.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

  • Un coeficiente binomial é divisible por un primo p se e só se polo menos un dos díxitos en base p de n é maior que o correspondente de m.
  • En particular, é impar se e só se os díxitos binarios (bits) na expansión binaria de n son un subconxunto dos bits de m.

Variacións e xeneralizacións[editar | editar a fonte]

  • O teorema de Kummer afirma que o maior enteiro k tal que pk divide o coeficiente binomial (ou noutras palabras, a valoración do coeficiente binomial con respecto ao primo p) é igual ao número de carrexos que se producen cando sumamos n e m − n en base p.
  • Davis e Webb (1990) [2] e Granville (1997)[3] ofrecen xeneralizacións do teorema de Lucas para o caso de que p sexa unha potencia prima.
  • O teorema de q-Lucas é unha xeneralización para os coeficientes q-binomiais, probado por primeira vez por J. Désarménien. [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fine, Nathan (1947). Binomial coefficients modulo a prime. American Mathematical Monthly 54. pp. 589–592. JSTOR 2304500. doi:10.2307/2304500. 
  2. Kenneth S. Davis, William A. Webb (1990). Lucas' Theorem for Prime Powers. European Journal of Combinatorics 11. pp. 229–233. doi:10.1016/S0195-6698(13)80122-9. 
  3. Andrew Granville (1997). Arithmetic Properties of Binomial Coefficients I: Binomial coefficients modulo prime powers (PDF). Canadian Mathematical Society Conference Proceedings 20. pp. 253–275. MR 1483922. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2017-02-02. 
  4. Désarménien, Jacques (March 1982). Un Analogue des Congruences de Kummer pour les q-nombres d'Euler. European Journal of Combinatorics 3. pp. 19–28. doi:10.1016/S0195-6698(82)80005-X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Teorema de Kummer.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]