Teoloxía da Luz
A Teoloxía da Luz é unha teoloxía que se desenvolve na arquitectura gótica, guiando a concepción das catedrais góticas en toda Europa.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O prototipo é a basílica de Saint-Denis, concibida no século XII por Suger, conselleiro próximo ó rei Lois VI.
Georges Duby, no seu libro Le temps des cathédrales (1975) (O tempo das catedrais), describe desde o ángulo artístico a teoloxía da Luz.
Consonte Vitellion, intelectual do século XIII, diferéncianse dous tipos de luz : a luz divina (Deus) e a luz física (a manifestación de Deus).
Na teoloxía da Luz, a luz está cargada dunha forza simbólica. As vidreiras das igrexas representan escenas do Antigo Testamento e do Novo Testamento, da vida dos santos ou ben da vida cotiá. Eran o equivalente das ilustracións do catecismo moderno. Na Idade Media, este era un dos medios de ensinar ás xentes, que moi a miúdo eran iletradas.
Cando a luz do ceo (física) pasa a través das vidreiras, cárgase simbolicamente de manifestación divina. As vidreiras son as encargadas de transformar a luz física en luz divina, dito doutro xeito son as encargadas de facer entrar a presenza divina na igrexa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Georges Duby, Le temps des cathédrales. L'art et la société: 980 - 1420. París. 1975.
- ----------------, Saint Bernard : L'art cistercien. París. 1976.