Saltar ao contido

Tempada 1948-49 da BAA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTempada 1948-49 da BAA
TipoBasketball Association of America (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísCanadá Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 1948-1949 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1 de novembro de 1948 – 13 de abril de 1949 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Puntos por partidoGeorge Mikan Editar o valor en Wikidata

A tempada 1948-49 da BAA foi a terceira edición da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que un ano despois sería rebautizada como National Basketball Association (NBA). Nesta tempada fixéronse co título os Minneapolis Lakers, debutantes na liga, vencendo nas finais ós Washington Capitols.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O número de equipos que formaron parte da liga nesta tempada medrou dende 8 a 12 coa incorporación de 4 novos equipos provenientes da ABL: Minneapolis Lakers, Fort Wayne Pistons, Indianapolis Jets e Rochester Royals.

01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
Equipo Cidade Pavillón Capacidade
01 - Saint Louis BombersSaint LouisSaint Louis Arena14.200
02 - Baltimore BulletsBaltimoreBaltimore Coliseum5.500
03 - Washington CapitolsWashingtonUline Arena7.500
04 - Boston CelticsBostonBoston Garden14.900
05 - Indianapolis JetsIndianápolisHinkle Fieldhouse10.000
06 - New York KnicksNova YorkMadison Square Garden18.500
07 - Minneapolis LakersMinneapolisMinneapolis Auditorium10.000
08 - Fort Wayne PistonsFort WayneNorth Side High School Gym3.000
09 - Rochester RoyalsRochesterEdgerton Park Arena3.500
10 - Chicago StagsChicagoChicago Stadium18.600
11 - Providence SteamrollersProvidenceRhode Island Auditorium5.300
12 - Philadelphia WarriorsFiladelfiaPhiladelphia Arena5.500

A pesar da ampliación no número de equipos que compoñían a BAA, o certo foi que a liga seguía representando só a un par de zonas do país, á costa norte do Atlántico (División Leste) e ó medio oeste próximo ós Grandes Lagos (División Oeste).

Tempada regular

[editar | editar a fonte]

A tempada regular amosou unha salientable superioridade por parte de dous equipos da División Oeste, os Rochester Royals e os Minneapolis Lakers, que remataron por riba do 70% de vitorias. Cada equipo disputou 60 encontros, e por primeira vez os 4 mellores equipos de cada división acadaron o pase para disputar as eliminatorias polo título.

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  O1 - Rochester Royals   2
  O4 - Saint Louis Bombers   0  
  O1 - Rochester Royals   0
    O2 - Minneapolis Lakers   2  
  O3 - Chicago Stags   0
  O2 - Minneapolis Lakers   2  
  O2 - Minneapolis Lakers   4
    L1 - Washington Capitols   2
  L1 - Washington Capitols   2
  L4 - Phi.Warriors   0  
  L1 - Washington Capitols   2
    L2 - New York Knicks   1  
  L3 - Baltimore Bullets   1
  L2 - New York Knicks   2  

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

George Mikan foi nesta tempada 1948-49 o líder de anotación da liga con 1.698 puntos anotados (28'3 por encontro), por diante de Joe Fulks con 1.560 puntos (26'0 por encontro) e Max Zaslofsky con 1.197 puntos (20'6 por encontro).

As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:

CategoríaXogadorEquipoValor
Líder de anotaciónGeorge MikanMinneapolis Lakers1.698
Líder de asistenciasBob DaviesRochester Royals321
Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campoArnie RisenRochester Royals42'3%
Líder na porcentaxe de acerto en tiros libresBob FeerickWashington Capitols85'9%

Equipos ideais

[editar | editar a fonte]

Max Zaslofsky e Joe Fulks foron elixidos por terceiro ano seguido dentro do primeiro quinteto ideal da BAA.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]