Saltar ao contido

Tempada 1946-47 da BAA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTempada 1946-47 da BAA
TipoBasketball Association of America (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísCanadá Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 1946-1947 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1 de novembro de 1946 – 31 de marzo de 1947 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoGolden State Warriors Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Puntos por partidoJoe Fulks (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

sen valor Editar o valor en Wikidata

A tempada 1946-47 da BAA foi a edición inaugural da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que uns anos despois sería rebautizada como National Basketball Association. A liga naceu con 11 franquías, e cun formato de tempada regular seguida duns playoffs polo título. A tempada rematou cos Philadelphia Warriors como primeiros campións da historia da liga.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Antes da creación da BAA xa houbo en Norteamérica outras ligas profesionais de baloncesto, como a American Basketball League (ABL) ou a National Basketball League (NBL), pero a BAA foi a primeira liga que se xogou en grandes pavillóns de grandes cidades.

A orixe do torneo foi a inquietude dalgúns dos propietarios de pavillóns de hóckey sobre xeo , que non estaban satisfeitos co feito de que os seus pavillóns quedasen tantos días sen uso cando non había encontros da NHL. Foi así como se chegou a un acordo para crear varias franquías de baloncesto e promover este deporte nos seus pavillóns con esta nova liga.

O Maple Leaf Gardens de Toronto acolleu o primeiro encontro da historia da BAA: Huskies vs Knicks.

Os 11 equipos inaugurais pertencían ás zonas do noroeste e medio-oeste de Estados Unidos e á cidade de Toronto, no Canadá.

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Toronto HuskiesTorontoMaple Leaf Gardens13.500
New York KnicksNova YorkMadison Square Garden18.500
Boston CelticsBostonBoston Garden14.900
Washington CapitolsWashingtonUline Arena7.500
Philadelphia WarriorsFiladelfiaPhiladelphia Arena5.500
Providence SteamrollersProvidenceRhode Island Auditorium5.300
Chicago StagsChicagoChicago Stadium18.600
Saint Louis BombersSaint LouisSaint Louis Arena14.200
Cleveland RebelsClevelandCleveland Arena9.900
Detroit FalconsDetroitDetroit Olympia15.000
Pittsburgh IronmenPittsburghDuquesne Gardens5.500

Tempada regular

[editar | editar a fonte]

A tempada regular comezou o 1 de novembro de 1946 e rematou o 31 de marzo de 1947, dando como resultado un aparente dominio dos Washington Capitols, que acadaron unha porcentaxe de vitorias moi superior á do resto dos equipos. Cada equipo da División Leste disputou 60 encontros, mentres que os equipos da División Oeste tamén disputaron 60, menos os dous líderes que xogaron un encontro mais para desempatar no liderado da táboa. Os tres primeiros equipos de cada División clasificáronse para a loita final polo título nos playoffs.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Joe Fulks foi o xogador mais salientable da liga levando ó seu equipo ó título con 1.389 puntos anotados (23'1 por encontro), sendo Bob Feerick o segundo máximo anotador da liga con 926 puntos (16'8 por encontro), e Stan Miasek o terceiro con 895 puntos (14'9 por encontro).

As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:

CategoríaXogadorEquipoValor
Líder de anotaciónJoe FulksPhiladelphia Warriors1.389
Líder de asistenciasErnie CalverleyProvidence Steamrollers202
Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campoBob FeerickWashington Capitols40'1%
Líder na porcentaxe de acerto en tiros libresFred ScolariWashington Capitols81'1%

Equipos ideais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]