Teófilo del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teófilo del Valle
Nacemento1 de febreiro de 1956
 Silleda
Falecemento24 de febreiro de 1976
 Elda
Causatiro
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Teófilo del Valle Pérez, nado en Silleda o 1 de febreiro de 1956 e finado en Elda o 24 de febreiro de 1976,[1] foi un oficinista morto por disparos da Policía Armada durante unha folga do calzado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A principios dos anos sesenta, cando tiña oito anos, a familia trasladouse a Elda. Estudou en Elda e moi novo marchou a Ibiza para traballar como disc-jokey. Retornou a Elda e foi administrativo nunha empresa de calzado. Foi asasinado pola Policía Armada durante unha manifestación con motivo das folgas do calzado. Logo da súa morte realizouse unha folga xeral nas comarcas do Vinalopó e ao seu enterro asistiron máis de 20.000 persoas. Creouse unha comisión cidadá esixindo responsabilidades que foi ignorada polas autoridades.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A localidade veciña de Petrer nomeou o Parque Teófilo del Valle en conmemoración.[2] En 2016 os concellos de Elda e Petrer realizaron un acto de conmemoración da súa morte nese parque.[3]

En 2012 Izquierda Unida presentou unha moción no Concello de Elda para que se asignase unha rúa a Teófilo del Valle. Esta moción foi rexeitada polo Partido Popular.[4] En 2016, Izquierda Unida anunciou a asignación dun espazo público co seu nome.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Comisión por la Recuperación de la Memoria Histórica (18 de febreiro de 2010). "Recordando a Teófilo del Valle". Petreraldia.com. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  2. "Parque Teófilo del Valle". Google Maps. 
  3. Ortega, Marta (24 de febreiro de 2016). "Petrer y Elda se unen para recordar a Teófilo del Valle en el 40º aniversario de su muerte". Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  4. "IU critica al PP por homenajear a Miguel Mateo y rechazar una calle en Elda a Teófilo del Valle". Información. 27 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  5. "IU Elda logra la asignación de un espacio público a la figura de Teófilo del Valle". Intercomarcal Televisión. Consultado o 21 de xullo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]