Teófanes III, patriarca ortodoxo de Xerusalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teófanes III
Theophanis Patriarch 1620.JPG
Patriarca da Igrexa ortodoxa de Xerusalén
Biografía
Nacemento1570 en Dimitsana
Pasamento15 de decembro de 1644 en Constantinopla
Patriarca de Xerusalén
1608 - 1644
PredecesorSofronio IV
SucesorPaisio

Teófanes III, nado en 1570[1] en Dimitsana e finado o 15 de decembro de 1644[1] en Constantinopla, foi patriarca da Igrexa ortodoxa de Xerusalén entre 1608 e 1644.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bautizado co nome de Karakallos,[1] era sobriño do patriarca de Xerusalén Sofronio IV. Foi enviado polo patriarca de Constantinopla Timoteu II entre 1619 e 1620 a Moscova, onde consagrou o 14 de xuño de 1619 a Feodor Nikitich Romanov como patriarca de Moscova.[2] Entre 1620 e 1621 estivo en Kiev, onde coa consagración de Yov Boretskyi restaurou a metrópole ortodoxa de Kiev,[2] desaparecida dende a unión da sé anterior á Igrexa católica na Unión de Brest.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Griechischer Biographischer Index 1. Walter de Gruyter. 2003. p. 1105. ISBN 9783110950021. 
  2. 2,0 2,1 Plokhy, Serhii (2001). The Cossacks and Religion in Early Modern Ukraine. Oxford University Press. pp. 88–89. ISBN 9780191554438. 


Dignidades da Igrexa ortodoxa
Predecesor:
Sofronio IV
 Patriarca de Xerusalén 
1608 - 1644
Sucesor:
Paisio