Saltar ao contido

Tayvallich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTayvallich
Imaxe

Localización
Mapa
 56°01′38″N 5°37′10″O / 56.0272, -5.6194
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloArgyll and Bute Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación300 Editar o valor en Wikidata

Vista de Tayvallich dende a ribeira do Loch A Bhealaich

Tayvallich é unha pequena aldea turística de Knapdale (Argyll and Bute), en Escocia.

O lugar, dunhas cen casas e unha poboación de menos de 250 persoas, está construído ao redor dun pequeno porto de lecer no Loch A Bhealaich, unha baía do Loch Sween. Ten a súa escola, a súa tenda e un parque de caravanas e casas de madeira, posto que o turismo de verán é, co marisqueo (lagostiño, vieira, lumbrigante...), a súa principal fonte de recursos. Nas súas proximidades, seguindo a corredoira que avanza cara ao sur, está a península Taynish, unha reserva natural que conserva unha das maiores carballeiras de Gran Bretaña e un reservoiro de máis de vinte especies distintas de bolboretas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]