Tarhunta-Radu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tarhunta-Radu foi rei de Arzawa sobre o -1350.

Sucedeu a Madduwattas. Entón as fronteiras do reino eran Tuwanuwa (Tyana, a uns 170 km ao sur de Hattusas) e Uda (non identificada). Foi probabelmente este rei o que tivo contactos diplomáticos con Amenhotep III de Exipto, ao que pediu unha filla en matrimonio, pero probabelmente non lle foi concedida.

Sucedeuno Anzapahhadu.