Anzapahhadu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Anzapahhadu foi rei de Arzawa na segunda metade do século –XIV.

Sucedeu a Tarhunta-Radu.

O rei hitita Tudhaliyas III (reinou sobre -1360-1344) conquistou Sallapa, que pertencía a Arzawa, e conquistou a "terra baixa" e despois reocupou Tawanuwa. Neste momento parece ser que era rei Anzapahhadu que derrotou a un exército hitita dirixido por Himuili, pero foi aniquilado por outro exército dirixido polo rei Suppiluliumas I (reinou sobre -1344-1322).

Suppiluliumas enviou ao gobernador Hanuttis a reconquistar Hapalla, cousa que logrou. Mursilis, fillo de Suppiluliumas, di que Tudhaliyas III e Suppiluliumas precisaron vinte anos para conquistaren Arzawa, o que quere dicir que para o -1330 ou pouco despois o reino de Arzawa quedou sometido.

Sucedeuno Uhha-Ziti.