Tuwanuwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tuwanawa foi unha cidade hitita situada ao sueste da clásica Capadocia, ao norte de Adaniya (Cilicia). Foi a clásica Tyana a uns 170 km ao sur de Hattusa.

Sobre o -1345 un xefe chamado Anna, que apoiaba ao rei de Arzawa, ocupou Tupaziya na zona do Monte Ammuna, e despois de saqueala pasou por un lago cuxo nome non se conservou (talvez o lago do Sal) e chegou ata Tawanuwa que tamén atacou. O rei Suppiluliumas I derrotouno e dominou a zona.