Saltar ao contido

Tallaght Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tallaght Stadium
Staid Thamhlachta
Tallaght (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
O Tallaght Stadium en 2007.
Tipoestadio Editar o valor en Wikidata
Custo11,2 millóns de Euros
Deportefútbol e rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aCondado de South Dublin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupanteShamrock Rovers F.C. Editar o valor en Wikidata
Propietario/aSouth Dublin County Council
Arquitecto/aSouth Dublin County Council Architects Department e Martin Noone Architects
Datas
Fundación2000 Editar o valor en Wikidata
Inauguración13 de marzo de 2009
Dimensións
Capacidade5.700
Localización
Mapa
 53°17′N 6°22′O / 53.28, -6.37
Situado enTallaght (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónWhitestown Way
Tallaght, Dublín Irlanda Irlanda
Wikidata ] C:Commons ]

O Tallaght Stadium (en inglés) ou Staid Thamhlachta (en irlandés) é un estadio de fútbol situado en Tallaght, ao sur da cidade de Dublín (Irlanda), no que disputa os seus partidos como local o Shamrock Rovers F.C.. Neste estadio celebrouse no 2009 a final da FAI Cup entre o Sligo Rovers F.C. e o Sporting Fingal F.C., que finalizou co triunfo dos Fingal por 1 a 2.

Capacidade

[editar | editar a fonte]

O estadio ten unha capacidade para 5700 espectadores. Nun partido amigable disputado entre o Shamrock Rovers e o Real Madrid a súa capacidade aumentou temporalmente 10 900 espectadores. Tamén na final da FAI Cup de 2009 a súa capacidade viuse incrementado ata os 8800 espectadores.

O Tallaght Stadium converteuse na casa do Shamrock Rovers en marzo do 2009 logo de 20 anos sen un estadio permanente, o seu último partido en Glenmalure Park disputouse o 12 de abril de 1987 nunha semifinal da FAI Cup fronte ao Sligo Rovers. Na súa primeira tempada en Tallacht, os Rovers finalizaron no segundo posto da liga, catro puntos por detrás dos Bohemians. Os Rovers disputaron tamén partidos amigables fronte ao Real Madrid, Newcastle United e o Hibernian F.C..

Outros usos

[editar | editar a fonte]

Fútbol americano

[editar | editar a fonte]

O único partido de fútbol americano disputado no estadio foi a Shamrock Bowl o 7 de agosto de 2010. Nesta ocasión os Dublin Rebels derrotaron os Limerick Vikings por 15-0. Estaba previsto que se disputase novamente a final en Tallaght no 2011 se un equipo de Dublín chega á final, mais finalmente escolleuse o Morton Stadium.

En novembro do 2009 os Ireland Wolfhounds derrotaron os Argentina Jaguars por 31 a 0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]