Tales of the Otori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tales of the Otori (en galego Contos dos Otori ) é unha serie de novelas fantásticas escritas pola escritora Gillian Rubinstein baixo o pseudónimo Lian Hearn, localizadas nun mundo ficticio baseado no Xapón feudal. As cinco novelas publicadas foron: Across the Nightingale Floor (2002), Grass for His Pillow (2003), Brilliance of the Moon (2004), The Harsh Cry of the Heron (2006), a cal ten lugar 16 anos despois dos sucesos acaecidos en Brilliance of the Moon e Heaven's Net is Wide (2008), a cal precede ao Across the Nightingale Floor. Os libros narran as aventuras dun mozo guerreiro chamado Otori Takeo no seu afán de vingar ao seu pai adoptivo, Otori Shigeru, a fuxida do legado do seu pai biolóxico, e a persecución do amor da súa vida no medio do asfixiante poder dunha ducia de señores dos clans e centos de guerreiros.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A historia é narrada en primeira persoa por Otori Takeo (ao que se nos presenta primeiro co nome de Tomasu), o cal nace nunha pequena aldea na que os habitantes seguen relixión coñecida como Os ocultos. Os ocultos son perseguidos nos Tres Países debido ás súas crenzas relixiosas, e no primeiro capítulo a aldea de Takeo, Mino, é destruída por guerreiros liderados por Iida Sadamu, señor do clan Tohan. Durante este ataque, Takeo é rescatado por Otori Shigeru, un señor do clan Otori, e levado a Hagi, capital do clan Otori. Alí, Shigeru adopta a Takeo e comeza a instruílo pola vella usanza das familias nobres dos Clans.

En Hagi, Takeo aprende que o seu pai, Kikuta Isamu, que morre antes do nacemento de Takeo, foi membro da Tribo, unha secreta rede de espías e asasinos famosos polas súas habilidades sobrenaturais. Takeo descobre que herdou moitas das habilidades do seu pai: invisibilidade, movemento silencioso, a habilidade de crear unha imaxe de si mesmo (desdobrarse), un oído extremadamente agudo, e a habilidade de inducir aos cans e ás persoas en letargo. Baixo a tutela dun membro da Tribo, Muto Kenji, Takeo aprende a empregar estas habilidades baixo o papel de asasino, sospeitando que tomará parte nos plans de Shigeru contra Iida Sadamu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]