Gillian Rubinstein
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1942 (82 anos) Potten End, Reino Unido (en) |
Residencia | Goolwa (pt) |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | escritora, escritora de literatura infantil, novelista, crítica de cinema |
Período de actividade | 1984 - |
Pseudónimo literario | Lian Hearn |
Premios | |
| |
Sitio web | lianhearn.com |
Gillian Rubinstein, nada o 29 de agosto de 1942, é unha autora e dramaturga de obras infantís de orixe inglesa.
Rubinstein naceu en Potten End, Berkhamsted, Hertfordshire, Inglaterra, pero pasou a súa infancia entre Inglaterra e Nixeria, mudándose a Australia en 1973.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ademais de oito obras de teatro, moitas historias curtas e numerosos artigos, escribiu aproximadamente 30 libros.[3] A súa popular e premiada ópera prima, Space Demons presentaba temáticas como as dos mundos fantásticos e o feito de facerse maior que xorden a miúdo nas súas outras obras. Libros como At Ardilla, Foxspell e Galax-Arena recibiron o aplauso da crítica e múltiples premios.
En 2001, Rubinstein rematou Across the Nightingale Floor, o primeiro dos libros da serie que foi un éxito en vendas Tales of the Otori, baixo o pseudónimo de Lian Hearn.[4] A serie localízase nunha illa nación que se asemella ao Xapón feudal e foi a primeira das súas obras que chegou ao público adulto.
O nome 'Lian' vén dun alcume de infancia[5][6] e 'Hearn' refírese probablemente ós herons, un tema fundamental na serie. Tense suxerido tamén que o apelido probablemente o tomara prestado de Lafcadio Hearn; un dos primeiros escritores occidentais que abordou a mitoloxía xaponesa.[5]
En 2011 Gillian Rubinstein residía en Goolwa, Australia do Sur.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Space Demons (1987)
- Skymaze (1989)
- Beyond the Labyrinth (1990)
- Answers to Brut (Omnibus Books, 1991)
- Galax-Arena (Hyland House, 1992) (2ª. edición 2001)
- Mr Plunkett's pool (Random House Australia, 1992) ilustrado por Terry Denton
- Keep Me Company (Viking, 1992) ilustrado por Lorraine Hannay
- Dog in, Cat Out (Ticknor & Fields, 1993) ilustrado por Ann James
- Foxspell (Hyland House, 1994)
- Jake and Pete (Random House Australia, 1995) ilustrado por Terry Denton
- The Giant's Tooth (Puffin, 1995) ilustrado por Craig Smith
- Peanut the ponyrat (Heinemann, 1995)
- Annie's Brother's Suit (Hyland House, 1996)
- Witch Music and other stories (Hyland House, 1996)
- Shinkei (Omnibus Books, 1996)
- Sharon, keep your hair on (Random House Australia, 1996) ilustrado por David Mackintosh
- Under the Cat's Eye (Hodder Headline, 1997)
- Jake and Pete and the stray dogs Random House Australia, 1997) ilustrado por Terry Denton
- Each beach (Box Press, 1998) ilustraciones de Mark Sofilas
- Hooray for the Kafe Karaoke (Random House Australia, 1998) pictures by David Mackintosh
- The Pirates' Ship (Puffin Books, 1998) ilustrado por Craig Smith
- The Fairy's Wings (Puffin Books, 1998) ilustrado por Craig Smith
- Pure Chance (Walker Books, 1998) ilustracións de Caroline Binch
- Ducky's nest (Random House Australia, 1999) ilustrado por Terry Denton
- The Mermaid of Bondi Beach (Hodder Children's Books, 1999) ilustrado por Anna Pignataro
- Jake & Pete and the Catcrowbats (Random House Australia, 1999) ilustrado por Terry Denton
- Jake and Pete and the magpie's wedding (Random House Australia, 2000) con Terry Denton
- Terra-Farma (Viking, 2001)
- Prue Theroux : the cool librarian (Random House Australia, 2001) ilustrado por David Mackintosh
- The Whale's Child (Hodder Headline Australia, 2002)
- Tales of the Otori cuatriloxía asinada baixo o seu pseudónimo Lian Hearn.
- Across the Nightingale Floor (2002)
- Grass for His Pillow (2003)
- Brilliance of the Moon (2004)
- The Harsh Cry of the Heron (2006)
- Heaven's Net is Wide (2007)
- Blossoms And Shadows (Hachette Australia, 2010), baixo o pseudónimo Lian Hearn.
- The Storyteller and his Three Daughters (2013)
- The Shikanoko Series (Farrar, Straus and Giroux, US, 2016). Serie de catro libros publicada de xeito conxunto en 2016 baixo o pseudónimo de Lian Hearn.
- Libro 1: Emperor of the Eight Islands (abril 2016)
- Libro 2: Autumn Princess, Dragon Child (xuño 2016)
- Libro 3: Lord of the Darkwood (agosto 2016)
- Libro 4: The Tengu's Game of Go (setembro 2016)
Compilacións
[editar | editar a fonte]- After Dark: seven tales to read at night (Omnibus/Puffin, 1988)
- Before Dawn: more tales to read at night (Omnibus/Puffin, 1988)
As historias de G.M. Hanson
[editar | editar a fonte]- "See Nikko and Die", in Love Lies Bleeding, editada por Jennifer Rowe[7]
Contribucións
[editar | editar a fonte]- "Introdución", asinada como Lian Hearn, en Japan and Her People, obra de Anna Hartshorne, Jetlag Press, 2007. Editado por Brent Massey e Christopher E. West.
Premios
[editar | editar a fonte]2004 Deutscher Jugendliteraturpreis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Potten End (A Guide to Old Hertfordshire" (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 "About - Personal Biography". Gillian Rubinstein (sitio web oficial) (en inglés). 2011. Consultado o 20 marzo 2018.
- ↑ "Professional Biography". Gillian Rubistein (sitio web oficial da autora) (en inglés). Consultado o 20 marzo 2018.
- ↑ Hearn, Lian. "The Otori Series". Liam Hearn.com (en inglés). Consultado o 20 marzo 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "Lian Hearn Biography". BookBrowse (en inglés). 03/26/2016. Consultado o 20 marzo 2018.
- ↑ Rabinovich, Dina (7 setembro 2005). "Author of the month: Lian Hearn". The Guardian (en inglés). Consultado o 20 marzo 2018.
- ↑ "Mystery Short Fiction: 1990-2006" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 20 marzo 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Sitio web oficial dos libros de Lian Hearn". Consultado o 20 marzo 2018.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |