Témenos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na Grecia Antiga un Témenos (en grego τέμενος, 'recinto')[1] era un terreo delimitado e consagrado a un deus, excluído dos usos seculares. Moitos santuarios pequenos consistían simplemente nun Témenos cun altar e sen templo. Case sempre había que someterse a unha purificación antes de poder entrar. Por exemplo,as lexións romanas non podian entrar en Roma sen ser antes purificadas polo sangue derramado. O Témenos estaba composto de varias partes, como propileos, altar, templo, tesouros, Stoás, etc.

Anterior no tempo é o concepto Témenos como a porción de terra asignada a un dominio oficial, especialmente dun rei (Basileos) e xefe ( anax), ou un anaco de terra de uso común dedicada a un deus, un santuario, un bosque sagrado ou un recinto sagrado: as carreiras dos xogos Píticos chamáronse Témenos, o val sagrado do Nilo é o Νείλοιο πῖον τέμενος Κρονίδα, a Acrópole de Atenas é o ἱερὸν τέμενος (de Palas). Esta palabra deriva do verbo grego τέμνω (temnō), "cortar";[1] en plural: τεμένη, temene. O primeiro testemuño rexistrado está en grego micénico te-me-no, escrito en Lineal B.[2]

O concepto de Témenos xurdiu nas culturas mediterráneas clásicos como un espazo reservado para a adoración dos deuses. Algúns autores utilizarono aplicado a un bosque sagrado,[3] illado da vida cotiá, mentres que outros o aplica a zonas de santuarios urbanos.[4]

Carl Gustav Jung relaciona o Témenos con fascinante círculo máxico, que actúa como un espazo caudrado ou lugar seguro, onde poder "traballar" mentalmente.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 τέμενος Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en perseus (en inglés)
  2. Palaeolexicon, Word study tool of ancient languages (en inglés)
  3. David S. Whitley, Reader in Archaeological Theory: Post-processual and Cognitive Approaches, 1998, Routledge. ISBN 0-415-14160-5
  4. Carla M. Antonaccio. An Archaeology of Ancestors: Tomb Cult and Hero Cult in Early Greece. Rowman & Littlefield, 1995. ISBN 0-8476-7942-X
  5. Jung, C.G. (1968). Psicología y alquimia, párrafo. 63. Cf. también: II. Simbolos oníricos del proceso de individuación, 3. El simbolismo de los mándalas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]