Cf.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cf. (do latín confer, imperativo do verbo conferre, "confírase", "confróntese") [1][2] ou cp. ("comparar") son abreviaturas que se atopan habitualmente nas notas de referencia situadas na parte inferior da páxina. O seu uso indica outros autores ou notas da mesma obra relacionadas co mesmo tema, pero abordadas doutra maneira ou mesmo ofrecendo unha visión contraria.

As expresións cf. supra ou cf. infra recomendan consultar as liñas e páxinas de arriba ou debaixo respectivamente.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Etimoloxía de Cf.". www.merriam-webster.com (en inglés). Consultado o 2023-03-08. 
  2. "cf.". LII / Legal Information Institute (en inglés). Consultado o 2023-03-08. 
  3. OLIVEIRA, Maria do Carmo Andrade (Org.). Citações e notas de rodapé – como padronizá-las. Recife, Massangana, 1993, páx.45

Véxase tamén[editar | editar a fonte]