Tálero de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anverso dun tálero de Prusia de 1777 cuñado en Berlín a nome de Frederico II.
Reverso da mesma moeda

O tálero de Prusia (en alemán: Preußischer Taler), tamén coñecido como reichstaler de Prusia, foi a principal unidade monetaria do Reino de Prusia entre 1750 e 1857.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A partir de 1750, este tálero tiña un valor diferente ao do reichstaler utilizado nos estados alemáns do norte como unidade de conta, equivalente a ​1⁄12 dun marco de Colonia de prata fina, ou 16,70357 g, en lugar dos ​1⁄14 do reichstaler de Prusia amoedado. O cambio foi determinado polo financeiro e director da Casa da Moeda de Berlín Johann Philipp Graumann (1706-1762), no marco dunha reforma do sistema monetario prusiano, motivo polo cal este sistema de 14 táleros por marco pasou a ser coñecido como Graumannscher Fuß ("Pé de Graumann").[2]

Ata 1821, o tálero prusiano dividíase en Brandenburgo en 24 groschen, e cada un deles en 12 pfennige. En Prusia propiamente dita, estaba subdividido en 3 floríns (gulden), cada un deles en 30 groschen e cada groschen en 18 pfennige. En 1821, a moeda de Prusia foi unificada, e o tálero pasou a estar dividido en 30 silebrergroschen, cada un de 12 pfennige. Foi a raíz desta reforma cando o reichstaler pasou a denominarse oficialmente "tálero de Prusia" (Preußischer Taler).[2]

Finalmente, en 1857, o tálero de Prusia foi substituído polo vereinsthaler, instituído pola Unión Alfandegueira Alemá (Zollverein), que pasou a constituírse no novo padrón da maior parte do territorio alemán.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Preußischer Taler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  2. 2,0 2,1 "Graumannscher Fuß". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  3. "Vereinstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  4. "German Zollverein Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En Ackermann, M. et al. (2008). Encyclopedia of World History. Vol. I. Facts On File. ISBN 9780816063864. Páxinas 155-156.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]