Swift (observatorio espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Swift
Observatorio espacial Swift
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónUniversidade de Stellenbosch
Data de lanzamento20 de novembro de 2004, 17:16 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7320[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 17A[3][6]
Obxectivo da misiónObservatorio espacial de raios gamma.[3][6]
NSSDC ID2004-047A
Masa1470 kg[3]
Dimensións1,16 m de altura por 0,13 m de diámetro[6]
Potencia1040 W[3]
Datos orbitais
Semieixo maior6932 km[1]
Inclinación20,6 graos[1]
Apoapse569,5 km[1]
Periapse553,8 km[1]

Swift é un observatorio espacial estadounidense lanzado nun Delta 7320 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 20 de novembro de 2004.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Swift forma parte do programa MIDEX da NASA e a instrumentación é parte dun esforzo internacional que inclúe ao Reino Unido e Italia, con implicación de Francia, Xapón, Alemaña, Dinamarca, España e Suráfrica. Foi lanzado para estudar os abrochos de raios gamma, explosións moi enerxéticas que destacan en lonxitudes de onda moi curtas. O observatorio leva un detector de raios gamma, un telescopio de raios X e un telescopio para o ultravioleta e o óptico coa finalidade de atopar contrapartidas visibles aos abrochos e descubrir a súa orixe cunha precisión de menos de 5 segundos de arco. A nave ten unhas dimensións de 1,16 m de altura por 0,13 m de diámetro, cunha envergadura de 0,31 m cos paneis solares estendidos. Ten a capacidade de apuntar automaticamente á zona na que detecta un abrocho entre 20 e 75 segundos despois de que ocorra e avisar ao control de terra para facer observacións conxuntas con outros observatorios.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SWIFT" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 January 2005 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-80676(E)). 1 de febreiro de 2005: 2. Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: Swift (MIDEX 3, Neil Gehrels Swift Observatory)" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]