Saltar ao contido

Swift (observatorio espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Swift
Observatorio espacial Swift
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónUniversidade de Stellenbosch
Data de lanzamento20 de novembro de 2004, 17:16 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7320[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 17A[3][6]
Obxectivo da misiónObservatorio espacial de raios gamma.[3][6]
NSSDC ID2004-047A
Masa1470 kg[3]
Dimensións1,16 m de altura por 0,13 m de diámetro[6]
Potencia1040 W[3]
Datos orbitais
Semieixo maior6932 km[1]
Inclinación20,6 graos[1]
Apoapse569,5 km[1]
Periapse553,8 km[1]

Swift é un observatorio espacial estadounidense lanzado nun Delta 7320 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 20 de novembro de 2004.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Swift forma parte do programa MIDEX da NASA e a instrumentación é parte dun esforzo internacional que inclúe ao Reino Unido e Italia, con implicación de Francia, Xapón, Alemaña, Dinamarca, España e Suráfrica. Foi lanzado para estudar os abrochos de raios gamma, explosións moi enerxéticas que destacan en lonxitudes de onda moi curtas. O observatorio leva un detector de raios gamma, un telescopio de raios X e un telescopio para o ultravioleta e o óptico coa finalidade de atopar contrapartidas visibles aos abrochos e descubrir a súa orixe cunha precisión de menos de 5 segundos de arco. A nave ten unhas dimensións de 1,16 m de altura por 0,13 m de diámetro, cunha envergadura de 0,31 m cos paneis solares estendidos. Ten a capacidade de apuntar automaticamente á zona na que detecta un abrocho entre 20 e 75 segundos despois de que ocorra e avisar ao control de terra para facer observacións conxuntas con outros observatorios.[3][5][6]

  1. 1 2 3 4 5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SWIFT" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 20 January 2005 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-80676(E)). 1 de febreiro de 2005: 2. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "Swift" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: Swift (MIDEX 3, Neil Gehrels Swift Observatory)" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2011). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]