Svante Stockselius
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de decembro de 1955 Hudiksvall |
| Actividade | |
| Ocupación | produtor de cinema, xornalista, presentador de televisión |
| Descrito pola fonte | Vem är det 2001, (sec:Stockselius, Svante S, p.1065) |
Stig Svante Stockselius, nado o 31 de decembro de 1955, é un xornalista sueco e executivo de televisión, que foi Supervisor xefe dos Concursos de Cancións da Unión Europea de Radiodifusión (UER). Foi o supervisor executivo do Festival da Canción de Eurovisión (ESC) e do Festival de Eurovisión Júnior (JESC).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Svante Stockselius creceu en Ockelbo, unha pequena cidade no centro de Suecia. Alí comezou a súa carreira como xornalista. Cando tiña 16 anos, traballou para o xornal baseado en Estocolmo "Expressen".[1]
Foi xefe da división de entretenimiento da Axencia Sueca da televisión pública, Sveriges Television desde de finais da década dos 90, traballou no Festival de Eurovisión 2000, celebrado en Estocolmo.[2] El tamén foi o que propuxo modernizaciones para a preselección sueca do Festival da Canción de Eurovisión, Melodifestivalen, en 2002, presentando catro semifinais e unha repesca anterior á final.[3]
Logo da vitoria de Estonia no Festival de Eurovisión 2001, a televisión pública estoniana, ETV, ofreceulle participar nos preparativos do Festival de Eurovisión 2002.[2] En 2002 pasou a traballar para a canle comercial de televisión sueco TV4.[1] No ano 2003 ofrecéuselle o posto de traballo como Supervisor Executivo do Festival da Canción de Eurovisión, onde traballou desde entón [4] ata o 31 de decembro de 2010, cando Jon Ola Sand foi elixido para sucedelo no cargo.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 TV4.se. "Svante Stockselius till TV4". Arquivado dende o orixinal o 24-12-2012. Consultado o 29-01-2007.
- 1 2 YLE. "Svante Stockselius är chef för hela ESC". Arquivado dende o orixinal o 08-12-2012. Consultado o 29-01-2007.
- ↑ Gylleneskor.se. "Melodifestivalen 2002". Arquivado dende o orixinal o 14-05-2005. Consultado o 29-01-2007.
- ↑ Sundsvalls Tidning. "Stockselius blir schlagerchef". Arquivado dende o orixinal o 26-09-2007. Consultado o 29-01-2007.