Suzaku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suzaku (Astro-EII)
Astro-E2.jpg
Suzaku / Astro-EII
Tipo Observatorio espacial
Organización JAXA
Data de lanzamento 10 de xullo de 2005[1][2]
Foguete portador M-V[2][3]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Uchinoura[2]
Obxectivo da misión Observación en raios X
NSSDC ID 2005-025A
Masa 1600 kg[2]
Potencia 500 vatios[2]
Semieixo maior 6939,5 km[1]
Inclinación 31,4 graos[1]
Apoapse 573,1 km[1]
Periapse 563,9 km[1]

Suzaku (en xaponés, Fénix Bermellón do sur[4]), denominado ASTRO-EII ou ASTRO-E2 antes do lanzamento, foi un observatorio espacial xaponés de raios X pertencente á JAXA. Foi lanzado o 10 de xullo de 2005 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).

Características[editar | editar a fonte]

Suzaku foi o reemplazo de ASTRO-E, perdido nun lanzamento errado o 10 de febreiro de 2000 por problemas co foguete lanzador, un M-V.

É o quinto satélite de astronomía de raios X do Xapón e o rango de enerxías que pode observar vai de 0,3 keV a 700 keV. O seu obxectivo é a obtención de medicións precisas de procesos de alta enerxía en estrelas, remanentes de supernova, galaxias e grupos de galaxias e do contorno das estrelas de neutróns e buratos negros.[2]

Leva a bordo catro experimentos:[3][2]

  • XIS (X-ray Imaging Spectrometer, espectrómetro de imaxes en raios X)
  • XRS (X-ray Spectrometer, espectrómetro de raios X)
  • HXD (Hard X-ray Detector, detector de raios X duros)
  • XRT (X-Ray Telescope, telescopio de raios X)

O 29 de xullo de 2005 o satélite sufríu un problema no seu sistema de refrixeración que levou á perda de toda a reserva do helio líquido de a bordo o 8 de agosto dese mesmo ano. A perda do refrixerante inutilizou o instrumento XRS, pero non afectou ó resto.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "ASTRO E2" (en inglés). Real Time Satellite Trackin. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=28773. Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Suzaku" (en inglés). 8 de xullo de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2005-025A. Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  3. 3,0 3,1 "Astro E, E2 (Sazuka)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/astro-e.htm. Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  4. すざく(朱雀、Suzaku) 命名の理由, JAXA