Susana García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Susana Rodríguez García, nada en Ourense en 1970, é unha política galega do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e foi bolseira no Centro Ramón Piñeiro entre os anos 1997 e 2000, participando no desenvolvemento de BILEGA: Bibliografía Informatizada da Lingua Galega.[1] Foi concelleira polo BNG en Barbadás[2] de 2003[3] a 2007 e responsable da Mesa pola Normalización Lingüística en Ourense de finais de 2008[4] a 2011. Concelleira en Ourense logo das eleccións de 2011, foi tamén a número dous da lista ao Congreso dos Deputados polo BNG nas eleccións xerais de 2011[5] e a candidata pola devandita formación á alcaldía de Ourense nas eleccións municipais de 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BILEGA". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015.
- ↑ "Perfil de Susana Rodríguez no BNG de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015.
- ↑ ""El BNG renueva su lista en Barbadás con un 50% de mujeres y la aportación de juventud", La Voz de Galicia, 15 de abril de 2003". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015.
- ↑ Entrevista a Susana García, La Voz de Galicia, 20 de marzo de 2010
- ↑ Entrevista a Susana García, La Región, 9 de novembro de 2011