Supermarine Swift

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Supermarine Swift
Swift2.jpg
Swift F Mk.2 WK242
Tipo Caza
Fabricante Supermarine

O Swift foi o primeiro caza de reacción con ala en frecha que entrou en servizo, pero debido a unha serie de problemas estiveron en activo só 15 meses, equipando un único escuadrón. O primeiro Swift F.Mk 1 de serie entregouse ó 56 Escuadrón en febreiro do ano 1954 e foi seguido polos tipos F.Mk 2, 3 e 4. Cada versión introduciu melloras menores, como un armamento de catro canóns, poscombustión e estabilizadores monobloque. Os problemas básicos non se resolveron, e o 56 Escuadrón volveu ó Meteor en maio do 1955. O Swift FR.Mk 5 serviu destacadamente como avión de recoñecemento da RAF en Alemaña ata 1961. As última versión F.Mk 7 resolveu[1] moitos dos problemas das versións anteriores pero só se construíron catorce que empregou o Escuadrón de Desenvolvemento de Armas Guiadas na avaliación de mísiles.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: Caza diúrno monopraza Supermarine Swift F.Mk 1.
  • Construtor: Supermarine Aviation Works (Vickers) Ltd
  • Ano: 1950
  • Principal usuario: Royal Air Force
  • Envergadura: 9,85 m.
  • Lonxitude: 13,55 m.
  • Altura: 4,1 m.
  • Área alar: 30,5 m2.
  • Peso baleiro: 6.094 Kg.
  • Peso cargado: 9.380 Kg.
  • Planta motriz: 1 Rolls-Royce Avon RA7 de 7.500 libras de empuxe unitario.
  • Armamento: 2 canóns de 30 mm a proa.
  • Velocidade máxima: 685 millas/h
  • Alcance operacional: 480 millas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Winchester, Jim. The World's Worst Aircraft: From Pioneering Failures to Multimillion Dollar Disasters. London: Amber Books Ltd., 2005, p. 313