Suna no utsuwa (filme)
Suna no utsuwa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 砂の器 |
Director | Yoshitarō Nomura |
Produtor | Shinobu Hashimoto Yoshihara Mishima Masayuki Sato |
Guión | Yoshitarō Nomura Shinobu Hashimoto Yōji Yamada |
Baseado en | Suna no Utsuwa de Seicho Matsumoto |
Intérpretes | Tetsuro Tamba Go Kato Kensaku Morita Yoko Shimada Karin Yamaguchi Shin Saburi Ken Ogata Kiyoshi Atsumi |
Música | Yasushi Akutagawa |
Fotografía | Takashi Kawamata |
Montaxe | Kazuo Ôta |
Distribuidora | Shochiku |
Estrea | 19 de outubro de 1974 |
Duración | 143 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Detectives |
Na rede | |
Suna no utsuwa (en xaponés: 砂の器; "O castelo de area") é unha película xaponesa do xénero detectivesco dirixida por Yoshitarō Nomura. Baséase na popular novela homónima de Seichō Matsumoto.[1][2]
Trama[editar | editar a fonte]
O filme narra a historia de dous detectives, Imanishi (Testuro Tamba) e Yoshimura (Kensaku Morita), encargados de atopar o asasino dun ancián descuberto nunha explanada de manobras ferroviarias. Ao non poder identificar a vítima, a investigación céntrase na única pista dispoñible: un fragmento dunha conversa entre o ancián e un mozo mantida nun bar. Unha testemuña lembraba as crípticas frases "Fíxoo Kameda" e "Kameda non cambia".
As súas pescudas abarcarán diferentes lugares e momentos, así como as mudanzas nos costumes sociais. A narración conclúe de xeito emotivo e conmovedor, xa que o móbil do crime deixou de existir.[3]
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Tetsurō Tamba como detective Eitaro Imanishi[4]
- Gō Katō como Eiryo Waga[4]
- Kensaku Morita como detective Hiroshi Yoshimura[4]
- Yōko Shimada como Rieko Takagi[4]
- Karin Yamaguchi como Sachiko Tadokoro[4]
- Ken Ogata como Kenichi Miki[4]
- Seiji Matsuyama como Shokichi Miki[4]
- Yoshi Katō como Chiyokichi Motoura[4]
- Chishū Ryū como Kojuro Kirihara[4]
- Shin Saburi como Shigeyoshi Tadokoro[4]
- Taketoshi Naitō como xefe da sección de investigación[4]
- Yoshio Inaba como secretario xefe[4]
- Kinzō Shin como profesor Kumawara[4]
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Kinema Junpo (1975)[5]
- Mellor guión (Shinobu Hashimoto e Yōji Yamada)
- Readers' Choice Award
- Mellor director de cine xaponés (Yoshitarō Nomura)
- Concurso de cinema Mainichi (1975)
- Mellor director (Yoshitarō Nomura)
- Mellor filme (Yoshitarō Nomura)
- Mellor banda sonora (Kosuke Sugano)
- Mellor guión (Shinobu Hashimoto e Yōji Yamada)
- 9.º Festival Internacional de Cine de Moscova[5]
- Diploma (Yoshitarō Nomura)
- Nomeamento para o Premio de Ouro (Yoshitarō Nomura).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ デジタル大辞泉プラス. "砂の器とは? 意味や使い方". コトバンク (en xaponés). Consultado o 2024-02-09.
- ↑ 太一, 春日. "橋本忍と加藤剛。巨星が語った最高の日本映画!――春日太一の木曜邦画劇場". 文春オンライン. Consultado o 2024-02-09.
- ↑ "砂の器(1974) - 作品情報・映画レビュー -KINENOTE(キネノート)". www.kinenote.com. Consultado o 2024-02-09.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Nomura, Yoshitarô (1975-10-10). "Suna no utsuwa - Full Cast & Crew". IMDb. Consultado o 2024-02-09.
- ↑ 5,0 5,1 "The Castle of Sand (1974) - Awards - IMDb" (en inglés). Consultado o 2024-02-09.