Sukhoi Su-30

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sukhoi Su-30
Sukhoi Su-30SM in flight 2014.jpg
Tipocaza multirrol, caza de superioridade aérea
FabricanteKnAAPO
Irkut Corporation
Deseñado porSukhoi
Primeiro voo31 de decembro de 1989
Introducido1996
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea de Rusia
Forza Aérea de Alxeria
Forza Aérea de Armenia
Forza Aérea do Vietnam
Produción1992 - presente
Unidades construídasmáis de 630
VariantesSukhoi Su-30MKI
Sukhoi Su-30MKK
Sukhoi Su-30MKM

O Sukhoi Su-30 (ruso: Сухой Су-30; designación OTAN: Flanker-C/G/H) é un caza bimotor supermaniobrable de dous asentos desenvolvido na Unión Soviética por Sukhoi. Trátase dun caza multirrol todo tempo para misións aire-aire e de inderdición.

O Su-30 iniciouse como un proxecto de desenvolvemento interno de Sukhoi na familia Sukhoi Su-27. O plan de deseño foi renovado e o nome foi feito oficial polo Ministero de Defensa ruso en 1996. O Ministerio de Defensa ordenou da familia Flanker, os Su-27, Su-30, Su-33, Su-34 e Su-35 a súa fabricación limitada ou en serie. O Su-30 ten dúas versións distintas, fabricadas por compañías competidoras: KnAAPO e Irkut Corporation, as dúas baixo o paraugas do grupo Sukhoi.

KnAAPO fabrica o Su-30MKK e o Su-30MK2, que foron deseñados e vendidos para China, e despois a Indonesia, Uganda, Venezuela e Vietnam. Debido á participación de KnAAPO dende as primeiras etapas do desenvolvemento do Su-35, estes son basicamente unha versión bipraza do Su-35 de mediados dos 90. Os chineses elixiron un radar máis vello pero máis lixeiro polo que os canards podían eliminarse ara conseguir unha maior carga útil. É un caza con capacidades de supremacía aérea e de ataque, semellante ao estadounidense F-15E Strike Eagle.[1]

Irkut serviu tradicionalmente á Defensa Aérea Soviética e, nos primeiros anos do desenvolvemento do Flanker, tivo a responsabilidade de fabricar o Su-27UB, a versión bipraza de adestramento. Cando a India amosou interese polo Su-30, Irkut ofreceu o Su-30MKI multirrol, orixinado como o Su-27UB modificado con aviónica axeitada para cazas. Xunto coas súas capacidades de ataque a terra, a serie engade características para o rol de superioridade aérea, como canards, empuxe vectorial, e un radar de longo alcance. Os seus derivados son os Su-30MKM, MKA, e SM para Malaisia, Alxeria, e Rusia respectivamente. A Forza Aérea de Rusia opera varios Su-30 e tamén ordenou a variante Su-30SM.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Aínda que o Su-27 orixinal tiña un bo alcance, non tiña o suficiente para as Forzas de Defensa Aérea Soviéticas. As Forzas de Defensa Aérea necesitaban cubrir a vasta extensión da Unión Soviética. Por iso, en 1986 iniciouse o desenvolvemento do Su-27PU, unha variante con capacidades melloradas do Su-27 capaz de operar como interceptor de longo alcance ou posto de mando aerotransportado.[2]

O bipraza Su-27UB de adestramento de combate foi escollido como base para o Su-27PU, debido a que tiña o rendemento dun Su-27 monopraza con capacidade para dous tripulantes. Un demostrador de proba de concepto voou o 6 de xuño de 1987, e o seu éxito levou a que se comezase a traballar no desenvolvemento de dous prototipos Su-27PU. O primeiro Su-27PU voou en Irkutsk o 31 de decembro de 1989, e o primeiro dos tre modelos de preprodución voou o 14 de abril de 1992.[3]

Notas[editar | editar a fonte]