Sublime Porta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Bab-ı Ali nos tempos do Imperio Otomán

Sublime Porta, Porta Otomá ou ás veces simplemente Porta, foi a designación actual que se outorgou entre 1718 e 1922 ao goberno do Imperio Otomán. O termo é unha tradución da expresión turca Bab-ı Ali (literalmente gran porta ou porta principal ) dada á monumental porta de entrada ao palacio que albergaba os principais órganos do goberno imperial.[1]

Orixe[editar | editar a fonte]

A Sublime Porta era a entrada ao claustro aberto onde o sultán recibía embaixadores e onde se celebraron reunións formais e recepcións nas que participaron o sultán ou o seu gran visir (un cargo equivalente ao de primeiro ministro). Era práctica común oriental celebrar reunións ou recepcións ás portas das cidades ou dos pazos reais[Cómpre clarificar]. O feito de que os embaixadores presentasen credenciais e fosen recibidos no claustro xunto á gran porta do edificio que albergaba a corte otomá, é dicir, o goberno otomán, levou á xeneralización da expresión Sublime Porta como designación dese goberno.

A Sublime Porta en 2006

Como no seu momento a lingua francesa era a lingua da diplomacia, a designación entrou nas distintas linguas europeas a través desa lingua, de aí que se conservase, mesmo en linguas non latinas, a palabra porta, ou termo derivado dela, para designar a Porta Sublime.

O edificio onde se atopa a Porta Sublime foi transformado despois do fin do Imperio Otomán na sede do Ministerio de Asuntos Exteriores turco e co traslado da capital a Ancara, converteuse na sede do goberno provincial de Istambul, unha función que aínda se mantén.

Segundo unha interpretación alternativa, a expresión Sublime Porta faría referencia ao papel de porta de entrada a Asia que a cidade de Istambul ocupou durante séculos, carece de fundamento.

Barbara Tuchman en The Guns of August [2] achega outra versión do termo: sería debido ás fabulosas tallas e á altura mesma desta que a designaba como "Sublime".

A Alta Porta era a corte privada do sultán.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]