Subdivisións de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Exipto divídese administrativamente en 27 provincias (en árabe, محافظات mohafazat; en inglés, governorates) administradas por gobernadores (mohafez) nomeados polo presidente de Exipto. Con relación á súa función xeográfica, algunhas provincias caracterízanse por unha mistura entre áreas urbanas e rurais, aínda que as hai pouco urbanas, certas provincias, como a do Cairo e Alexandría engloban só a cidade.

Por regra xeral, as provincias exipcias divídense en rexións (markaz, en árabe), excepto as provincias totalmente urbanas, que se subdividen en distritos, correspondentes aos barrios das cidades.

A maior parte das provincias de Exipto posúe unha densidade demográfica de máis de mil habitantes por km², embora, as tres maiores en área presentan unha densidade de menos de dous habitantes por km².

No 2008 naceron dúas provincias novas: Helwan e 6 de Outubro.

Lista de provincias de Exipto[editar | editar a fonte]

Provincias de Exipto.
No. Nome Área (km²) Poboación (2006) Capital
1 Dakahlia 3 471 4 985 187 Almanzora[1]
2 Mar Vermello[2] 203 685 288 233 Hurghada
3 Al-Buhaira[3] 10 130 4 737 129 Damanhur
4 Faium[4] 1 827 2 512 792 Faium
5 Garbia[5] 1 942 4 010 298 Tanta
6 Alexandría 2 679 4 110 015 Alexandría
7 Ismaília[6] 1 442 942 832 Ismaília
8 Guiza[7] 85 153 6 272 571 Guiza
9 Monufia 1 532 3 270 404 Xibin El Kom
10 Minya 32 279 4 179 309 Minya
11 Cairo 214 7 786 640 Cairo
12 Qaliubia 1 001 4 237 003 Baña
13 Luxor 55 451 318 Luxor
14 Vale Novo[8] 376 505 187 256 Kharga
15 Xarqiia[9] 4 180 5 340 058 Zagazig
16 Suez 17 840 510 935 Suez
17 Provincia de Assuán[10] 679 1 184 432 Assuán
18 Assiut[11] 25 926 3 441 597 Assiut
19 Beni Suef 1 322 2 290 527 Beni Suef
20 Porto Said[12] 72 570 768 Porto Said
21 Damieta 589 1 092 316 Damieta
22 Sinaí do Sur 33 140 149 335 el-Tor
23 Kafr el-Sheikh 3 437 2 618 111 Kafr el-Sheikh
24 Matruh 212 112 322 341 Marsa Matruh
25 Qina 1 851 3 001 494 Qina
26 Sinaí do Norte 27 574 339 752 Alarixe[13]
27 Sohag 1 547 3 746 377 Sohag

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forma vernácula en árabe المنصورة al-manṣūrah (en inglés, El Mansoura), que o Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa (DOELP), de José Pedro Machado, rexistra como topónimo. Este vocábulo árabe é a forma feminina de منصور manṣūr ("vencedor").
  2. O nome da provincia é, literalmente, "Mar Vermello", ou البحر الأحمر El Bahr El Ahmar.
  3. Do árabe البحيرة al-buhairâ, "lago", "lagoa". Segundo o DOELP, en portugués, o termo árabe deu orixe ao substantivo masculino "albufeira" (isto é, lagoa ou lago artificial) e a polo menos cinco topónimos en Portugal chamados Albufeira (Algarve, Borba, Elvas, Mourão e Sesimbra).
  4. Forma vernácula para o topónimo preconizada polo DOELP.
  5. Forma vernácula en árabe الغربية al-garbia ("occidental"), rexistrado polo DOELP como topónimo. O nome completo da provincia, محافظة الغربية‎ Muhāfazat al-Gharbiyya, significa "provincia occidental".
  6. Forma vernácula preconizada polo DOELP. A lingua portuguesa recibiuna por intermedio do francés Ismaïlia. O nome é na honra de Ismail Paxá, quediva de Exipto.
  7. Segundo o DOELP, forma vernácula do árabe الجيزة al-jizâ, pronunciado guizé no Exipto. A lingua portuguesa recibiuna por intermedio do francés Guizé. Tamén son comúns en portugués a grafía e a pronuncia Gizé.
  8. O nome da provincia é, literalmente, "Val Novo", ou البالوادى الجديد al-Wādī al-djadīd.
  9. O nome completo da provincia, محافظة الشرقية‎ Muhāfaza a-Xarqiia, significa "provincia oriental".
  10. Ou "Asuán".
  11. Única forma vernácula rexistrada pola Mirador.
  12. Forma rexistrada pola Mirador. O DOELP rexistra apenas a alternativa Porto Saíde. A lingua portuguesa recibiu esta forma por intermedio do francés Port-Saïd. O nome é na honra de Said Paxá, fillo de Mehemet Ali.
  13. Forma vernácula para o árabe العريش al-ʿArīx ("viña"), segundo o DOELP.