Stéphane Audran
Colette Suzanne Dacheville, nada en Versalles o 8 de novembro de 1932 e finada en Neuilly-sur-Seine o 27 de marzo de 2018, foi unha actriz francesa de cinema e televisión coñecida como Stéphane Audran.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Audran foi criada pola súa nai despois de que o seu pai, un médico, morrese cando era nova.[1]
En 1964 casou co director e guionista Claude Chabrol despois dun breve matrimonio co actor Jean-Louis Trintignant. Do seu matrimonio con Chabrol, que rematou en 1980, naceu o seu fillo, o actor Thomas Chabrol, en 1963.
O primeiro papel importante de Audran foi no filme de Chabrol Les Cousins (1959). Posteriormente apareceu en moitos outros filmes do director. Gañou o Oso de Prata á mellor actriz no Festival de Berlín de 1968 por Les Biches.[2] Tamén participou no primeiro filme de Éric Rohmer (Le Signe du lion), e en filmes de Jean Delannoy (La Peau de Torpedo), Gabriel Axel (Babettes gæstebud, como a misteriosa cociñeira Babette), Bertrand Tavernier (Coup de torchon, como a esposa do policía convertido en asasino), Samuel Fuller (The Big Red One) e Luis Buñuel (O discreto engado da burguesía, como Alice Senechal, nunha das súas interpretacións máis celebradas).
Audran tamén actuou en producións en lingua inglesa como o filme estadounidense The Black Bird (1975) e en series de televisión, incluídas Brideshead Revisited (1981), Mistral's Daughter (1984) e The Sun Also Rises (1984). En 1974 protagonizou And Then There Were None, versión cinematográfica da novela de misterio de Agatha Christie. Gañou un César á mellor actriz secundaria pola súa interpretación en Violette Nozière (1978) e un premio da BAFTA por Just Before Nightfall (1975).
Audran faleceu o 27 de marzo de 2018 despois dunha longa doenza. O seu fillo Thomas informou que a súa nai estivera dez días no hospital e despois volveu á casa, falecendo alí arredor das dúas da mañá.[3][4][5]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1957 | Le Jeu de la nuit | ||
1958 | La Bonne tisane | Aline Monnier | |
Les Amants de Montparnasse | Une fille à la terrasse | Sen acreditar | |
1959 | Les Cousins | Françoise | |
1960 | Les Bonnes Femmes | Ginette | |
Présentation ou Charlotte et son steak | Charlotte | Curtametraxe | |
1961 | Les Godelureaux | Xavière, la danseuse | |
Saint Tropez Blues | Lucie | Curtametraxe | |
1962 | Le Signe du lion | La patronne de l'hôtel | |
L'Œil du malin | Hélène | ||
1963 | Landru | Fernande Segret | |
1964 | Les Durs à cuire ou Comment supprimer son prochain sans perdre l'appétit | Rika Lormond | |
Le Tigre aime la chair fraiche | La chanteuse d'opéra | Sen acreditar | |
1965 | Paris vu par... | The mother | Episodio La Muette |
Marie-Chantal contre le docteur Kha | Olga | ||
1966 | La Ligne de démarcation | La femme du Dr. Lafaye / Wife | |
1967 | Le Scandale | Jacqueline Belling / Lydia | |
1968 | As cervas | Frédérique | |
1969 | A muller infiel | Hélène Desvallées | |
1970 | O carniceiro | Hélène | |
La Peau de torpedo | Dominique Krestowitz | ||
A ruptura | Hélène Régnier | ||
The Lady in the Car with Glasses and a Gun | Anita Caldwell | ||
1971 | Ao anoitecer | Hélène Masson | |
Sans mobile apparent | Hélène Vallée | ||
Aussi loin que l'amour | La femme de Michel | ||
1972 | Un meurtre est un meurtre | Marie Kastner / Anne | |
O discreto engado da burguesía | Alice Sénéchal | ||
1973 | Relacións sanguentas | Lucienne Delamare | |
1974 | Comment réussir quand on est con et pleurnichard | Cécile Malempin | |
Le Cri du cœur | Claire, la mère d'Alexandre | ||
And Then There Were None | Ilona Morgan | ||
Vincent, François, Paul... et les autres | Catherine - La femme de Vincent | ||
1975 | Hay que matar a B. | Susana | |
The Black Bird | Anna Kemidov | ||
1976 | Chi dice donna, dice donna | Mimì / Chantal | Episodio Donne d'affari |
Folies bourgeoises | Claire Brandels | ||
1977 | Silver Bears | Shireen Firdausi | |
Des Teufels Advokat | Anne - Contessa di Sanctis | ||
Mort d'un pourri | Christiane | ||
1978 | Les Liens de sang | Mrs. Lowery | |
Violette Nozière | Germaine Nozière | César á mellor actriz secundaria | |
1979 | Eagle's Wing | The Widow | |
Le Gagnant | Hélène Dupré-Granval | ||
1980 | Le Soleil en face | Geneviève | |
The Big Red One | Underground Walloon Fighter at Asylum | ||
Le Cœur à l'envers | Jeanne | ||
La Cage aux folles 2 | |||
1981 | Les Plouffe | Mme Boucher | |
Coup de torchon | Huguette Cordier | ||
1982 | Boulevard des assassins | Francine | |
Le Choc | Jeanne Faulques | Sen acreditar | |
Paradis pour tous | Edith | ||
1983 | Mortelle randonnée | The grey lady | |
La Scarlatine | Minon Palazzi | ||
1984 | Les Voleurs de la nuit | Nai de Isabelle | |
The Blood of Others | Gigi | ||
The Bay Boy | Blanche | Sen acreditar | |
1985 | Poulet au vinaigre | Madame Cuno | |
Night Magic | Janice | ||
La Cage aux folles 3: Elles se marient | Matrimonia | ||
1986 | La Gitane | Brigitte | |
Suivez mon regard | La femme du téléphage | ||
1987 | Babettes gæstebud | Babette Hersant | |
Faceless | Mme Sherman | ||
Le cri du hibou | |||
Cinématon #926 | |||
1988 | Les Saisons du plaisir | Bernadette | |
Corps z'a corps | Edna Chabert | ||
Il Nido del ragno | Mrs. Kuhn | ||
1989 | Manika, une vie plus tard | Soeur Amanda | |
1990 | La Messe en si mineur | Marie-Laure Villegrain | |
Jours tranquilles à Clichy | Adrienne | ||
Sons | Florence | ||
1992 | Betty | Laure | |
The Turn of the Screw | Mrs. Grose | ||
1995 | Le Fils de Gascogne | Ela mesma / En personne | |
Au petit Marguery | Joséphine | ||
1996 | Maximum Risk | Chantal Moreau | |
1997 | Arlette | Diane | |
1998 | Madeline | Lady Covington | |
1999 | Belle maman | Brigitte | |
2000 | Le Pique-nique de Lulu Kreutz | Lulu Kreutz | |
2001 | J'ai faim !!! | Gaby, la mère de Lily | |
2002 | Ma femme s'appelle Maurice | Jacqueline Boisdain | |
2008 | La Fille de Monaco | Édith Lassalle | |
2018 | The Other Side of the Wind | Stéphane Audran |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Genzlinger, Neil (27 de marzo de 2018). "Stéphane Audran, Star in Oscar-Winning 'Babette's Feast,' Dies at 85". The New York Times. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ "Berlinale 1968: Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 2010-03-06.
- ↑ "Stephane Audran, Star of 'Babette's Feast,' Dies at 85". Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ "French star Stephane Audran dies at 85". BBC News. BBC News. 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ "Mort de Stéphane Audran, la muse de Claude Chabrol". 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Stéphane Audran Arquivado 25 de setembro de 2021 en Wayback Machine.