Saltar ao contido

Cirro (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Femia adulta dun blenoideo cun cirro supraorbital.

Cirro é un termo utilizado en bioloxía e zooloxía para referirse a diversas estruturas delgadas que sobresaen do corpo de vertebrados, invertebrados e algúns protozoos. Algúns exemplos son os seguintes:

Invertebrados

[editar | editar a fonte]
  • Na Fasciola hepatica o cirro é o pene muscular do verme, que cando non se usa está dentro dun saco do cirro ou bolsa situado preto da cabeza do animal.[1]
  • En varias especies de Taenia existe unha estrutura similar.
  • Nos poliquetos Nereidae, o termo cirro refírese aos procesos tentaculares ou crecementos que presentan en cada parapodio, e distínguese o cirro dorsal e o cirro ventral, e non ten nada que ver coa reprodución.[1]páx. 431 Noutros poliquetos, un cirro é un crecemento tentacular próximo á cabeza ou notopodio, que contén órganos sensoriais e pode ser dorsal, ventral, ou lamelar.[2]
  • Nalgúns nemertinos denomínase cirro caudal a un pequeno crecemento con forma de febra situado no extremo posterior do verme.[3]
  • Nos equinodermos crinoideos e nos crustáceos cirrípedes (percebes) o cirro é un apéndice para a alimentación e agarre delgado e longo.[4] Nos tamén crinoideos lirios de mar os cirros son delgadas febras que ás veces tapizan o talo do animal, e teñen tamén cirros nos tentáculos.
  • No cefalópodo náutilo, os tentáculos do animal están compostos dun cirro flexible delgado e a súa correspondente vaíña do cirro endurecida e protectora, dentro da cal se retraen os cirros.[5]

Vertebrados

[editar | editar a fonte]
  • Nos peixes blenoideos Chaenopsidae, o cirro é un longo crecemento que se estende desde a parte superior do ollo (cirro supraorbital) ou que se estende por debaixo da rexión posterior da cabeza (cirro nucal).[6]

Microorganismos

[editar | editar a fonte]
  • Nos protozoos ciliados chámanse cirros aos grupos de cilios unidos en penachos que presentan en distintas partes da súa superficie. O tipo, número e posición dos cirros son características distintivas importantes na taxonomía destes microorganismos.
  1. 1,0 1,1 R. L. Kotpal (2012). Modern Text Book of Zoology: Invertebrates. Rastogi. pp. 341–343. ISBN 978-81-7133-903-7. Consultado o 31 xullo 2013. 
  2. Beesley, Pamela L.; Ross, Graham J.B.; Glasby, Christopher J., eds. (2000). Polychaetes and Allies: The Southern Synthesis. Collingwood, Australia: Csiro. p. 404. ISBN 978-0-643-06571-0. Consultado o 31 xullo 2013. 
  3. Edward E. Ruppert (1988). Seashore Animals of the Southeast: A Guide to Common Shallow- Water Invertebrates of the Southeastern Atlantic Coast. Univ of South Carolina. p. 359. ISBN 978-0-87249-535-7. Consultado o 31 xullo 2013. 
  4. George M. Branch, C. l. Griffiths, M. L. Branch, L. E. Beckley (1 March 2008). Two Oceans: A Guide to the Marine Life of Southern Africa. Struik. p. 350. ISBN 978-1-77007-633-4. Consultado o 31 xullo 2013. 
  5. Roger T. Hanlon; John B. Messenger (13 agosto 1998). Cephalopod Behaviour. Cambridge University. p. 172. ISBN 978-0-521-64583-6. Consultado o 31 xullo 2013. 
  6. John D. McEachran; Janice D. Fechhelm (2 January 2006). Fishes of the Gulf of Mexico, Volume 2: Scorpaeniformes to Tetraodontiformes. University of Texas. p. 610. ISBN 978-0-292-77838-2. Consultado o 31 xullo 2013.