Story Musgrave
Story Musgrave | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 19 de agosto de 1935 |
Lugar | Boston |
Actividade | |
Misións | STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80 |
Tempo no espazo | 53,41 días |
Premios | United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Franklin Story Musgrave, nado en Boston, Massachusetts, o 19 de agosto de 1935, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Musgrave graduouse en matemáticas e estatística pola Universidade de Siracusa en 1958 e é máster en análise de operacións e programación pola Universidade de California nos Ánxeles en 1959. Ten un grao en química pola facultade Marietta en 1960, un doutoramento en medicina pola Universidade de Columbia en 1964 e é máster en fisioloxía e biofísica pola Universidade de Kentucky en 1966, cun máster tamén en literatura pola Universidade de Houston en 1987.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1967, participando nas misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80 e pasando un total de 53,41 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Musgrave, Franklin Story" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 1997). "STORY MUSGRAVE (M.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Story Musgrave ![]() |