Stopp Volden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Stopp Volden (Deter a violencia en galego) é un programa nacional da Cruz Vermella Norueguesa que ten como obxectivo desenvolver medidas a aplicar localmente para crear un clima dentro da comunidade de sensibilización contra todo tipo de violencia e a resolución de conflitos mediante o diálogo, incidindo especialmente na violencia dentro do fogar e o acoso laboral.

Historia[editar | editar a fonte]

Stopp Volden formouse despois da morte de Andreas Stavseth, un mozo de dezasete anos, por un disparo nunha rúa de Oslo o 4 de marzo de 1995, espontánemente os seus amigos e moita outra xente manifestouse nas rúas para demostrar a súa repugnancia á violencia. Dagbladet, un dos principais xornais do país, comezou unha serie de artigos contra a violencia e as súas vítimas co título de Stopp volden e co deseño dunha palma da man aberta, sinal e nome que se converteron nos elixidos pola Cruz Vermella Norueguesa cando lanzou unha campaña contra a violencia, a xenofobia e o racismo que se converteu nun programa permanente. Seguindo o exemplo noruegués países outros países estableceron tamén campañas nacionais para deter a violencia como Lituania, Guatemala, Colombia ou Líbano.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]