Stanisław Gądecki
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1949 (75 anos) Strzelno, Polonia (pt) |
Roman Catholic Archbishop of Poznań (en) | |
28 de marzo de 2002 – ← Juliusz Paetz (en) Diocese: Arquidiocese de Poznań (pt) | |
Titular Bishop of Rubicon (en) | |
1 de febreiro de 1992 – Diocese: Rubicon | |
Bispo auxiliar | |
1 de febreiro de 1992 – Diocese: Arquidiocese de Gniezno (pt) | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo polaco |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificio Instituto Bíblico |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1992–), sacerdote católico (1973–), biblista, teólogo |
Empregador | Universidade Adam Mickiewicz em Poznań (pt) |
Consagración | Józef Glemp |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Stanisław Gądecki, nado o 19 de decembro de 1949 en Strzelno (Cuiavia-Pomerania, Polonia) é un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo de Poznań dende 2002 e presidente da Conferencia Episcopal Polaca dende 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Stanisław Gądecki naceu o 19 de decembro de 1949 en Strzelno, unha vila hoxe parte do voivodato de Cuiavia-Pomerania (Polonia).
Entre 1967 e 1973 estudou Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior Primacial de Gniezno. O 9 de xuño de 1973 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Gniezno polo arcebispo Stefan Wyszynski.
Posteriormente especializouse no campo dos estudos bíblicos, estudando entre 1973 e 1976 e entre 1977 e 1981 no Pontificio Instituto Bíblico, e entre 1976 e 1977 no Studium Biblicum Franciscanum de Xerusalén. Fixo o doutoramento en Teoloxía bíblica na Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, doutorandose en 1982 coa disertación La liberazione e la salvezza nel secondo libro dei Maccabei.
Episcopado
[editar | editar a fonte]O 1 de febreiro de 1992 Xoán Paulo II nomeouno bispo auxiliar de Gniezno e bispo titular de Rubicon. O 25 de marzo recibiu a ordenación episcopal de mans do arcebispo de Varsovia e Gniezno Józef Glemp, primado de Polonia. Os bispos co-consagrantes foron Bogdan Józef Wojtus, bispo auxiliar de Gniezno, e Gerard Bernacki, bispo auxiliar de Katowice. Escolleu como lema episcopal Opere et veritate.
O 28 de marzo de 2002 foi nomeado arcebispo metropolitano de Poznań logo da renuncia de Juliusz Paetz. O 2 de abril tomou posesión canónica da sé, e recibiu o palio o 29 de xuño.
O 20 de xuño de 1992 foi nomeado vicepresidente da Conferencia Episcopal Polaca, e o 10 de marzo de 1994 presidente para o diálogo co xudaísmo. Entre 1995 e 2008 foi consultor da Pontificia Comisión para as Relacións Relixiosas co Xudaísmo, participando de conferencias, reunións, sesións, simposios dedicados a este tema no seu país e no exterior.
O 8 de maio de 2014 o papa Francisco nomeouno membro da Congregación para a Doutrina da Fe.
Obra
[editar | editar a fonte]- La liberazione e la salvezza nel secondo libro dei Maccabei [A liberación e a salvación no segundo libro dos Macabeos]. Pontificia Studiorum Universitas a S. Thoma Aq. in Urbe. 1982.
- Wstęp do pism Janowych [Introdución aos escritos de Xoán]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1991.
- Wstęp do ksiąg historycznych [Introdución aos libros históricos]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1992.
- Wstęp do ksiąg prorockich Starego Testamentu [Introdución aos libros dos profetas do Antigo Testamento]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1993.
- Archeologia biblijna [Arqueoloxía bíblica]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1994.
- Tradycja a Pismo Święte [Tradicion e Sagrada Escritura]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1995.
- Wstęp do Ewangelii synoptycznych [Introdución aos Evanxeos sinópticos]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1995.
- Kościół katolicki o swoich korzeniach [A Igrexa Católica sobre as súas raíces]. Polska Rada Chrześcijan i Żydów. 1995.
- Słowo jednania: homilie i refleksje biblijne [Palabra de reconciliación: homilías e reflexións bíblicas]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 2001.
- Kto spotyka Jezusa, spotyka judaizm: dialog chrzesćijańsko-żydowski w Polsce [Quen atopa a Xesús, atopa o xudaísmo: diálogo cristián-xudeu en Polonia]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 2002.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Juliusz Paetz |
Arcebispo metropolitano de Poznań 2002 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
- Nados en 1949
- Nados no condado de Mogilno
- Bispos católicos de Polonia
- Escritores en lingua polaca
- Escritores de Polonia
- Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino
- Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico
- Alumnos do Studium Biblicum Franciscanum
- Escritores de literatura relixiosa
- Bispos da Igrexa católica latina