Srđan Bajčetić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bajčetić
Información persoal
Nome Srđan Bajčetić
Nacido 7 de novembro de 1971 (48 anos)
Lugar Zrenjanin
Altura 1,88 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992–1994 FK Vojvodina
1994-1997 Celta de Vigo 29 (3)
1995 Cedido Estrela Vermella de Belgrado 14 (1)
1997–1998 SC Braga 17 (5)
1998–2001 Estrela Vermella de Belgrado 50 (4)
2001–2003 Dalian Shide 60 (2)
2003–2004 Hunan Xiangjun 25 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Srđan Bajčetić (en serbio cirílico: Cpђaн Бajчeтић) nado en Zrenjanin (na República Federal Socialista de Iugoslavia, actual Serbia) o 7 de novembro de 1971, é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de centrocampista e actual adestrador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no FK Vojvodina, de onde o fichou para o Celta de Vigo o adestrador Carlos Aimar que xa o tentara fichar o ano anterior para o CD Logroñés. O primeiro ano foi cedido no mercado de inverno ao Estrela Vermella de Belgrado.

Xa de volta en Vigo tivo a súa oportunidade, sendo un fixo no once inicial co adestrador Fernando Castro Santos, porén unha grave lesión rompeu a súa progresión. Unha vez recuperado e finalizado o contrato co Celta fichou polo SC Braga, onde militou solo un ano.

No ano 1998 fichou polo Estrela Vermella de Belgrado serbio, tras tres tempadas chegoulle unha oferta do fútbol chinés e fichou polo Dalian Shide e despois polo Hunan Xiangjun, durante a súa experiencia na China proclamouse campión da primeira divisón dúas veces, tamén en dúas ocasión da Copa e chegou a semifinais da Copa de Campións de Asia[1].

Foi o segundo adestrador do Rápido de Bouzas, dirixido por Xurxo Otero[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xulio Vázquez (5 de xuño de 2009). "«Coincidí con Eusebio en el Celta, pero yo colgué las botas en China»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. "Bajcetic, segundo de Otero en el Rápido". Atlántico Diario (en castelán). 4 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2014.