Saltar ao contido

SpinSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SpinSat / Special Purpose Inexpensive Satellite
SpinSat (a esfera na parte superior ao centro) a punto de ser lanzado
TipoCientífico e tecnolóxico
OrganizaciónNRL, STP
Data de lanzamento28 de novembro de 2014, 14:30 GMT[1][2][3]
Foguete portadorFalcon 9[1][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[1][5]
Obxectivo da misiónProba de novas tecnoloxías, medición da densidade atmosférica.[1][5]
Decaemento11 de marzo de 2017[2]
NSSDC ID1998-067FL
Masa57 kg[1]
DimensiónsEsfera de 56 cm de diámetro

SpinSat, acrónimo de Special Purpose Inexpensive Satellite, foi un satélite artificial do NRL pertencento ao Programa de Probas Espaciais do Departamento de Defensa lanzado o 28 de novembro de 2014 a bordo dun Falcon 9 desde Cabo Cañaveral.[1][5][4]

Características

[editar | editar a fonte]

SpinSat foi lanzado a bordo da nave de carga Dragon CRS-4 cara a Estación Espacial Internacional. Tiña forma de esfera de 56 cm de diámetro cunha masa de 57 kg e era parte do hardware sen utilizar da misión ANDE 2. Estaba alimentado por baterías e dispoñía de retrorreflectores para medir a súa posición desde terra, antenas e propulsores de propelente sólido controlado electricamente. A súa misión consistiu en medir a eficiencia dos seus propulsores, comprobar a capacidade dos sistemas de seguimento en terra para medir os cambios na traxectoria e posición polos motores da esfera e medir a densidade das capas superiores da atmosfera. Como misión secundaria, SpinSat levaba a bordo un sistema de mensaxería por radio de tipo "almacenar e enviar" cunha potencia de 2 W para a comunidade radioafeccionada.[1][5][4]

O satélite foi enviado á Estación Espacial Internacional na sección presurizada dunha nave de carga Dragon e, unha vez na estación, almacenado no módulo xaponés Kibo ata o día do seu lanzamento, no que foi exectado cara ao espazo mediante o sistema de lanzamento SSIKLOPS. SpinSat reentrou na atmosfera o 11 de marzo de 2017.[1][5][4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (27 de abril de 2021). "SpinSat" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPINSAT" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  3. "Note verbale dated 29 April 2015 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (15-05826 (E)). 17 de agosto de 2015: 8. Consultado o 26 de setembro de 2021. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SpinSat" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "SpinSat" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]