Spektr R
Spektr R / RadioAstron | |
---|---|
![]() Modelo de Spektr R. | |
Tipo | Observatorio espacial |
Contratistas principais | NPO Lavochkin |
Data de lanzamento | 18 de xullo de 2011[1][2][3] |
Foguete portador | Zenit 3F[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observatorio radioastronómico.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2011-037A |
Masa | 3295 kg[4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 196 867 km[1] |
Inclinación | 44,8°[1] |
Apoapse | 339 709,7 km[1] |
Periapse | 41 282,5 km[1] |
Spektr R, tamén coñecido como RadioAstron, foi un observatorio espacial ruso lanzado o 18 de xullo de 2011 a bordo dun foguete Zenit 3F desde o Cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Spektr R era un observatorio espacial ruso con participación internacional consistente nun radiotelescopio de 10 m de diámetro cunha órbita moi elíptica e moi elevada arredor da Terra. A función principal do observatorio era facer observacións interferométricas conxuntamente con observatorios en terra para obter imaxes, datos de movemento, evolución e estrutura angular de diferentes obxectos celestes con alta precisión, de ata só 8 microsegundos de arco na lonxitude de onda máis curta na que observaba, 1,35 cm.[1][2][4][5]
O observatorio estivo en funcionamento ata xaneiro de 2019, en que unha avaría fixo que se perdera o contacto e non conseguira restablecerse. En abril deses mesmoano declarouse o fin da misión.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPEKTR R" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Spektr R" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 13 October 2011 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-87246 (E)). 21 de novembro de 2011: 2. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Spektr R (Radio-Astron)" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "Spektr R" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spektr R |