Spała

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSpała
Imaxe

Localización
Mapa
 51°32′28″N 20°08′17″L / 51.5411, 20.1381Coordenadas: 51°32′28″N 20°08′17″L / 51.5411, 20.1381
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodia de Łódź (pt) Traducir
PowiatCondado de Tomaszów Mazowiecki (pt) Traducir
Município rural da Polónia (pt) TraducirComuna de Inowłód (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación413 (2021) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal97-215 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Spała é unha aldea no distrito administrativo de Gmina Inowłódz, dentro do Condado de Tomaszów Mazowiecki, na Polonia central. Situada ás beiras do Río Pilica, aproximadamente 6 quilómetros ao oeste de Inowłódz, 9 km km ao leste de Tomaszów Mazowiecki, e 54 km do sueste da capital rexional Łódź.[1] A aldea ten unha poboación de 400 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

As orixes de Spała remóntanse a finais do século XVI. A poboación da aldea adicouse principalmente á explotación dos recursos forestais, empregando a madeira obtida da talla das árbores para producir carbón e alcatrán que se empregaba para a fundición de ferro na achegada fábrica de Tomaszów Maz.[2]

Residencia dos tsares[editar | editar a fonte]

O desaparecido Palacio de madeira que mandou edificar Alexandre III de Rusia.

A importancia do asentamento aumentou no século XIX cando os tsar de Rusia Alexandre III mandou construír unha residencia de caza na aldea.[2] En 1885 edificouse un palacio de madeira que serviría de aloxamento aos tsares nas súas visitas a Spala ata a 1912.[2] En 1912 a familia de Nicolao II estaba pasando uns días no palacio de madeira, cando o tsarévich Alexei sufriu un ataque de hemofilia que case lle custa a vida.[3] Este suceso provocou que a tsarina Alexandra Feodorovna se negase a volver ao palacio de Spała.[2]

Guerras Mundiais[editar | editar a fonte]

Durante a primeira guerra mundial Spała situábase dentro da zona de ocupación alemá, servindo como base de operacións militares ata a retirada das tropas alemás en 1918.

No período de entreguerras e, acadada a independencia de Polonia, Spała viviu uns anos de prosperidade como centro de caza ao que acudían toda clase de autoridades civís, recibindo en varias ocasións a visita do Presidente Ignacy Moscicki. En 1935 celebrouse o rally dos Boy Scouts para conmemorar o seu 35 aniversario.[2]

Co estoupido da segunda guerra mundial e a ocupación de Polonia por parte do exército do Terceiro Reich, estableceuse en Spała o Alto Mando Militar alemán.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Central Statistical Office (GUS) – TERYT (National Register of Territorial Land Apportionment Journal)" (en polaco). 1 de xuño de 2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Spala Historia" (en polaco). Consultado o 13 de abril de 2016. 
  3. "Alexis Almost Dies at Spala - 1912" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]