Soiuz TM-9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Soyuz TM-9")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soiuz TM-9
TipoTripulada
Data de lanzamento11 de febreiro de 1990, 6:16 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión179,05 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso9 de agosto de 1990[1][6]
NSSDC ID1990-014A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-9 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 11 de febreiro de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-9, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Balandin e Anatoli Solovyov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. A tripulación tamén se veu obrigada a facer dous paseos espaciais tras descubrir que tres das oito mantas térmicas que recubrían o módulo de descenso da súa Soiuz estaban soltas, poñendo en perigo o control térmico da nave e existindo risco de que bloquearan sensores necesarios para a reentrada.[2][3][4][5]

Durante a súa misión recibiron a visita da Progress M-3, a Progress 42, o novo módulo Kristall para a estación e a Soiuz TM-10.[2][3][4][5]

A Soiuz TM-9 regresou a terra o 9 de agosto de 1990 ás 7:35 GMT, aterrando a 70 km de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 9" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 9" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 24 May 1990 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-13696). 31 de maio de 1990: 2. Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-9" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-9" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.