Aleksandr Nikolaevich Balandin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aleksandr Nikolayevich Balandin»)
Aleksandr Nikolaevich Balandin
Datos persoais
Nacemento30 de xullo de 1953
LugarFriazino
NacionalidadeSoviético / ruso
Actividade
MisiónsSoiuz TM-9
Tempo no espazo179,05 días
PremiosOrde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Piloto-Cosmonauta da URSS, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e Order of Bernardo O'Higgins
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Nikolaevich Balandin foi un cosmonauta soviético que participou na misión Soiuz TM-9 como enxeñeiro de voo e foi parte da tripulación de apoio da Soiuz TM-8. Pasou un total de 179,05 días no espazo.

Balandin naceu o 30 de xullo de 1953 en Friazino, no óblast de Moscova. Gradouse en enxeñería no Instituto Bauman de Moscova en 1976. Foi seleccionado como cosmonauta o 1 de decembro de 1978, retirándose o 17 de outubro de 1994 por motivos médicos. Posteriormente foi presidente da Asociación Lendint ata o ano 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]