Soyuz 33

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Soyuz 33
Soyuz 33 logo.png
Logo da misión Soyuz 33
Tipo Tripulada
Data de lanzamento 10 de abril de 1979, 17:34 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Soyuz U[2][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión 1,96 días[6]
Obxectivo da misión Acoplamento coa estación espacial Salyut 6.[2][6]
Regreso 12 de abril de 1979, 16:35 GMT[1][6]
NSSDC ID 1979-029A
Masa 6000,0 kg[2][5][6]

Soyuz 33 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de abril de 1979 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soyuz 33, unha Soyuz modelo 7K-T cos cosmonautas Rukavishnikov e Ivanov (primeiro cosmonauta búlgaro) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Salyut 6 nunha misión do programa Interkosmos. O acoplamento fallou debido a un problema co motor principal da nave Soyuz: a 4 km de distancia da estación a nave acendeu o seu motor no que deberían ser 6 segundos de ignición, pero apagouse aos 3. O sistema Igla de acoplamento automático tamén fallou. Os tripulantes da estación, observando a manobra, informaron de lapas saíndo dos laterais do motor, polo que o control de terra decidiu abortar o achegamento e que a Soyuz 33 regresara a terra canto antes. A nave usou o motor de reserva, para o cal tiña que ter funcionado durante 188 segundos, período ao final do cal non se apagou automaticamente. Rukavishnikov e Ivanov, inseguros sobre se o motor funciora co pulo adecuado, o deixaron funcionar durante 25 segundos máis antes de detelo manualmente. Como consecuencia, a cápsula tripulada reentrou nun ángulo máis acusado do habitual, no que se denomina reentrada balística, sometendo aos cosmonautas a unha forza de ata 10 G. A cápsula tocou terra ás 16:35 GMT. O motor avariado non puido ser analizado debido a que a sección que o contiña foi exectada como parte normal do procedemento de reentrada atmosférica, polo que os enxeñeiros non conseguiron aclarar a orixe do problema e, temendo que fose un problema que tamén afectara á nave Soyuz 32 da tripulación en órbita na Salyut 6, decidiron enviar a nave Soyuz 34, non tripulada, como nave de substitución para os cosmonautas da estación.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 13 July 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-19421). 20 de xullo de 1979: 4. Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017.