Soyuz 21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soyuz 21
Soyuz-21.jpg
Selo postal adicado á Soyuz 21
TipoTripulada
Data de lanzamento6 de xullo de 1976, 12:08 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz 11A511[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión49,27 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Salyut 5.[2][6]
Regreso24 de agosto de 1976, 18:33 GMT[1][6]
NSSDC ID1976-064A
Masa6750,0 kg[2][5][6]

Soyuz 21 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 6 de xullo de 1976 mediante un foguete Soyuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soyuz 21, cos cosmonautas Volynov e Zholobov a bordo, foi lanzada para acoplarse á estación espacial militar Salyut 5. Os cosmonautas tiveron que facer o acoplamento a man ao fallar o sistema automático Igla. Tras case dous meses a bordo os dous tripulantes solicitaron o regreso a terra debido á mala condición física e psicolóxica do enxeñeiro Zholobov, que sufríu mareo espacial de maneira continua durante todo o voo. Máis tarde determinouse que ámbolos dous cosmonautas sufriran problemas psicolóxicos en órbita, non seguiran a súa rutina de exercicios físicos para manterse en forma e desenvolveron desexos irracionais de regresar a terra. Especulouse coa posibilidad de que o aire da estación fora contaminado con algunha substancia tóxica.[2][3][4][5]

A Soyuz 21 volveu a terra despois de case 50 días en órbita, aterrando a 200 km ao suroeste de Kokchetav o 25 de agosto de 1976 ás 18:33 GMT.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 21" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 21" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 6 September 1976 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-16916). 10 de setembro de 1976: 2. Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 21" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 21" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.