Soiuz 24

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 24
Selo postal adicado á Soiuz 24
TipoTripulada
Data de lanzamento7 de febreiro de 1977, 16:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión17,73 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 5.[2][6]
Regreso25 de febreiro de 1977[1][6]
NSSDC ID1977-008A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soiuz 24 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 7 de febreiro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz 24, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Iuri Glazkov e Viktor Gorbatko a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial militar Saliut 5. A diferenza de Soiuz 23, a Soiuz 24 acoplouse sen problemas, e a diferenza da tripulación da Soiuz 21, Glazkov e Gorbatko non sufriron problemas físicos nin psicolóxicos ata o punto de que nos seus 17 días de misión fixeron tanto traballo como a tripulación da Soiuz 21 nos seus 50 días de misión.[2][3][4][5]

Dada a sospeita de que a atmosfera da estación puido ser en parte a causante dos problemas dos cosmonautas da Soiuz 21, a misión da 24 levou a bordo equipamento para cambiar por completo a atmosfera. A pesar de que as análises feitas ao chegar non mostraron contaminantes nin toxinas no aire, a tripulación fixo un cambio completo de atmosfera polo método de expulsar a orixinal a través da esclusa para paseos espaciais e volvendo a presurizar a estación con aire novo. Durante o resto da misión os cosmonautas fixeron diversos experimentos e probas.[2][3][4][5]

A Soiuz 24 volveu a terra despois de case 18 días en órbita, aterrando a 37 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán) o 25 de febreiro de 1977 ás 9:38 GMT.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 24" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 24" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 20 April 1977 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (77-08713). 29 de abril de 1977: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de setembro de 2017. Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 24" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 14, 15, 20, 23, 24, 30 (7K-T, 11F615A9)" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 24" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 6 de setembro de 2017.