Soiuz 23

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soiuz 23
Soyuz-23.JPG
Selo postal adicado á Soiuz 23
TipoTripulada
Data de lanzamento14 de outubro de 1976, 17:39 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión2 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Salyut 5.[2][6]
Regreso16 de outubro de 1976[1][6]
NSSDC ID1976-100A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soiuz 23 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 14 de outubro de 1976 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soyuz 23, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Rozhedstvensky e Zudov a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial militar Salyut 5. Despois de entrar en órbita e achegarse á estación a nave foi incapaz de acoplarse debido a uns sensores defectuosos que indicaban unha velocidade lateral irreal, co que os propulsores intentaban corrixir constantemente un desvío inexistente. Tras varios intentos a tripulación apagou o sistema automático, pero xa non quedaba propelente para intentar un acoplamento manual, co que a nave tivo que volver a terra. A reentrada atmosférica foi normal pero a Soiuz descendeu sobre o lago Tengiz no medio dunha tormenta de neve, con temperaturas de ata -20 °C. O paracaídas, mollado, arrastrou a cápsula tripulada baixo a superficie xeada, enfriándoa. Os equipos de rescate intentaron chegar ata a cápsula mediante vehículos anfibios, sen logralo. A solución para sacala foi atala mediante un cable, levado baixo a superficie por medio de mergulladores, a un helicóptero que a arrastrou durante quilómetros a través da auga xeada ata terra. Os dous cosmonautas conseguiron saír pola mañá, para sorpresa dos rescatadores, que os daban por mortos.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 23" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 23" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 30 November 1976 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-26032). 6 de decembro de 1976: 2. Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 23" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 14, 15, 20, 23, 24, 30 (7K-T, 11F615A9)" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 23" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.