Souto-Mandrás F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mandrás
NomeSouto – Mandrás F.C.
EstadioO Lodairo
A Penafita
Outeiro Maior
Liga2ª Autonómica – Grupo IX
VestimentaMercury
PatrocinadorEGM S.L.

O Souto–Mandrás F.C. foi un equipo de fútbol do concello de San Cristovo de Cea. Este equipo das localidades de Souto e Mandrás só tiña xogadores do concello da comarca carballiñesa de Cea. Este equipo non xogaba sempre de local no mesmo estadio senón que cambiaba de campos. Ás veces xogaban no campo do Lodairo en San Cristovo de Cea ou no Outeiro Maior de Vilamarín. Pero case sempre xogaban de locais no Campo da Penafita de San Marcos, Amoeiro. Este equipo nunca conseguiu ningún título.

Vestimenta[editar | editar a fonte]

  • Primeiro equipamento: Unha camiseta de cor vermella con raias de case indistinguibles tons desa mesma cor. Os pantalóns e as medias tamén son da cor da camisola.
  • Segundo equipamento: Unha camiseta de cor branca. Pantalóns vermellos como os do primeiro equipamento e medias brancas.