Saltar ao contido

Campo do Lodairo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo do Lodairo
Cea Editar o valor en Wikidata
Tipocampo de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aConcello de San Cristovo de Cea
Datas
Inauguración1966
Remodelación2012
Dimensións
Capacidade456
Tipo superficieCéspede artificial
Localización
Mapa
 42°28′41″N 7°59′03″O / 42.47797, -7.98403
Situado enCea Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRúa O Lodairo, s/n
Cea, Galiza
Wikidata ]

O campo do Lodairo é un campo de fútbol situado na rúa do Lodairo da localidade de Cea, San Cristovo de Cea. É utilizado no seu uso como local polo CD Cea, o Veteranos Cea, o Bar Breixo e o Ourense Veteranos. Tamén foi utilizado como local polas desaparecidas categorías inferiores do CD Cea e polo S.D. Piñor que agora xoga no Outeiro Grande de Maside.

Construción

[editar | editar a fonte]

Este campo construíuse no ano 1966 para o uso do creado tamén nese ano CD Cea. Daquela o campo era un terreo de xogo de terra sen butacas na bancada e cunha tapadeira para que non chovera enriba das persoas que vían o fútbol.

Era dourada

[editar | editar a fonte]

Na era dourada do CD Cea o campo seguiu albergando coma sempre ao Club Deportivo Cea e tamén ás desaparecidas categorías inferiores do CD Cea. Nesa era O Lodairo acolleu un triunfo do conxunto panadeiro xuvenil na Copa Deputación e unha liga de 3ª Autonómica, unha de 1ª Autonómica e unha Copa Deputación de categoría absoluta.

Remodelación

[editar | editar a fonte]

No ano 2012 o alcalde de Cea decidiu remodelar o campo do Lodairo. Esta remodelación custou case medio millón de euros. Este diñeiro usouse para cambiar a terra pola actual herba artificial, construír uns novos vestiarios e poñer asentos á tribuna do campo. No tempo que se reconstruíu o campo, o CD Cea xogou os seus partidos como local no Campo da Uceira.

Dende a remodelación

[editar | editar a fonte]

Dende a remodelación, o Club Deportivo Cea continúa xogando como local no Lodairo. Coa creación do Cea Veteranos este equipo tamén xoga neste lugar xunto cos tamén veteranos: Bar Breixo e Ourense Veteranos.

O Campo do Lodairo é un vello campo remodelado no 2012. É un campo de fútbol 11 tamén con liñas de fútbol 7 e 8 dunha superficie de herba artificial. As distancias do campo son 100 metros de longo por 60 metros de ancho. Na tribuna hai 456 chanzos.

No campo do Lodairo de Cea xogan o CD Cea de Segunda Autonómica de Galicia e os veteranos: o Veteranos Cea, o Bar Breixo e o Ourense Veteranos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]