Souleymane Doukara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSouleymane Doukara
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Meudon, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDudu
País de nacionalidadeFrancia
Senegal
Mauritania Editar o valor em Wikidata
Altura193 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaMauritania Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo e dianteiro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo29 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2008-2011 Rovigo Calcio (en) Traducir 75(11)
2011-2012 Unione Sportiva Vibonese Calcio (pt) Traducir 37(13)
2012-2014 Catania S.S.D. 13(0)
2013-2014cesión Juve Stabia (pt) Traducir 21(6)
2014-2014 Leeds United A.F.C. Editar o valor em Wikidata

Souleymane 'Dudu' Doukara, nado en Meudon, Francia, o 29 de setembro de 1991, é un futbolista francés, nacionalizado senegalés. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Leeds United da Football League Championship de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional na tempada 2008-2009, xogando para Rovigo Calcio na Lega Pro Seconda Divisione.[1] Facendo o seu debut no primeiro equipo aos 16 anos de idade, xogou 7 partidos esa tempada, sen anotar goles. O seu club participou na tempada 2009-10 na Serie D, e Doukara tivo a súa primeira oportunidade de xogar como titular sempre; ao final do campionato logrou 36 aparicións.

Na tempada 2011-2012, Doukara foi transferido ao U.S. Vibonese Calcio, co que xogou 37 dos 42 partidos de liga, convertendo 13 goles.

Despois de impresionar aos cazatalentos da cuarta división italiana, Doukara asinou oficialmente co Catania da Serie A. Fixo o seu debut na Serie A o 16 de setembro de 2012, cando entrou como substituto de Alejandro Gómez contra a Fiorentina na derrota por 2-0 tras os goles de Luca Toni e Stevan Jovetic.[2] Na súa tempada inaugural na máxima categoría, fixo 12 aparicións.

Na tempada 2013-2014, é cedido ao S.S. Juve Stabia da Serie B. Xogou en 20 ocasións e marcou 6 goles.

O 11 de xullo de 2014 foi confirmado polo propietario do Leeds United, Massimo Cellino, que Doukara xogaría en calidade de préstamo durante toda a tempada 2014-2015, coa opción de asinar un acordo permanente.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O 5 de abril de 2014 decidiu xogar coa selección de fútbol do Senegal, debido a que os seus dous pais son dese país.[4]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Rovigo Italia 2008 - 2011
Vibonese Italia 2011 - 2012
Catania Italia 2012 - presente
Juve Stabia (préstamo) Italia 2013 - 2014
Leeds United (préstamo) Inglaterra 2014 -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Aic.football.it profile»
  2. "Fiorentina 2 - 0 Catania". Football Italia. 
  3. "Leeds United President Massimo Cellino on new signings, McCormack, Elland Road & buying a bus". BBC Sport. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  4. "EXCLUSIVE INTERVIEW WITH SOULEYMANE DOUKARA: CHÂTILLON JUVE STABIA". Calcio Mio. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]