Sonomyn Udval
Sonomyn Udval | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1921 |
Lugar de nacemento | Dashinchilen |
Falecemento | 1991 |
Nacionalidade | Mongolia |
Ocupación | política e escritora |
Premios | Lotus Prize for Literature |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sonomyn Udval, nada en Dashinchilen (sum da provincia de Bulgan) o 21 de febreiro de 1921 e finada en 1991, foi unha escritora e política mongol.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dirixiu o Consello Central do Sindicato Mongol entre 1956 e 1958. Foi a primeira secretaria e despois presidenta da Asociación de Escritores Mongois, directora e presidenta do Comité Mulleres de Mongolia entre 1973 e 1982, e vicepresidenta do Comité de Veteranos de Loita Revolucionaria.[1][2] Udwal foi elixida deputada do Gran Khural do Pobo (Parlamento) en varias circunscricións entre 1951 e 1986. En 1966 uniuse ao Comité Central do Partido do Pobo de Mongolia, que deixou en 1990.
Os seus libros foron traducidos a varias linguas.[3] Descrita como unha "autora destacada de relatos". En 1967 defendeu que a literatura soviética xogara un rol importante no desenvolvemento da literatura mongol.[4]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Medalla de Ouro da Paz Joliot-Curie 1965 no World Council of Peace
- Premio Lotus de Literatura Afro-Asiática 1971[3]
Obra[editar | editar a fonte]
- Odgerel (novela, 1957)
- The First Thirteen (novela)
- Khatanbaatar (novela)
- Great Destiny (novela, 1973)
- Tuuž ögüüllėg (novela, 1974)[5]
- Magsarjav (novela)
Amais, publicou diversos libros de relatos.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Sanders, Alan J. K. (30 Mayde maio de 2010). Historical dictionary of Mongolia. Scarecrow Press. p. 724. ISBN 978-0-8108-6191-6. Consultado o 25 de novembro de 2011.
- ↑ New world review. S.R.T. Publications. 1967. p. 125. Consultado o 25 de novembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Permanent Bureau of Afro-Asian Writers (1973). Afro-Asian short stories: an anthology. Permanent Bureau of Afro-Asian Writers. Consultado o 25 de novembro de 2011.
- ↑ The Current digest of the Soviet press. American Association for the Advancement of Slavic Studies. 1967. Consultado o 25 de novembro de 2011.
- ↑ Udval, Sonomyn (1974). Tuuž ögüüllėg. Ulsyn Hėvlėlijn Gazar. Consultado o 25 de novembro de 2011.