Sonia Castelo
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1968 (56 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Sonia Castelo Pérez, nada en Ferrol en 1968, é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou como presentadora de informativos na TVG entre 1989 e 1991. A súa carreira como intérprete e directora de dobraxe iniciouse en 1992, pero o seu rostro comezou a ser familiar para o público galego a raíz do éxito da serie Mareas vivas, da que foi unha das protagonistas durante as primeiras tempadas.
Tras participar noutra serie autonómica, Rías Baixas, deu o salto á ficción no eido nacional, participando en numerosas producións televisivas con papeis protagonistas nalgúns casos (Policías, en el corazón de la calle ou Motivos personales entre outras).
Tamén fixo incursións no cine, especialmente nos últimos anos, e como actriz de dobraxe puxo voz a personaxes como Vilma na serie Os Picapedra ou C.C. Babcock na Nanny.
Películas
[editar | editar a fonte]- Tanto ten (Pedro C. Solla, 2000). Curtametraxe.
- Divertimento (José García Hernández, 2000). Como Alicia.
- Condenado a vivir (Roberto Bodegas 2001). Como Nuria.
- Un asunto pendiente (José Manuel Quiroga, 2001; voz). Como Clara.
- Onán (Abraham López Feria e Pablo Tébar, 2002). Como Anael.
- Sara (Silvia Quer, 2003).
- O xogo da verdade (Álvaro Fernández Armero, 2004). Como Mónica.
- El precio de una Miss (Carles Vila, 2005; TV).
- Amor en defensa propia (Rafa Russo, 2006).
- Hotel Tívoli (Antón Reixa, 2006). Como Raquel.
- O club da calceta (Antón Dobao, 2009).
Televisión
[editar | editar a fonte]Personaxes fixos
[editar | editar a fonte]- Mareas vivas (1998-1999). Como Berta. TVG.
- Nada es para siempre (1999-2000). Como Olga. Antena 3.
- Os vixilantes do camiño (2000)(voz). TVG.
- Rías Baixas (2000). Como Gloria. TVG.
- Policías, en el corazón de la calle (2002-2003). Como Eva Berlanga. Antena 3.
- Tres son multitud (2003). Como Lola Márquez. Telecinco.
- Motivos personales (2005). Como Isabel Tejero. Telecinco.
- Hay alguien ahí (2009). Como Clara Simón. Cuatro.
- Hospital Real (2015).
- A lei de Santos (2020-). Como Antonia. TVG.
Personaxes episódicos
[editar | editar a fonte]- El Comisario (2000). Telecinco.
- Dime que me quieres (2001). Antena 3.
- Javier ya no vive solo (2002). Como Noemí. Telecinco.
- Hospital Central (2003). Telecinco.
- Un paso adelante (2004). Como Paloma. Antena 3.
- Los simuladores (2006). Como Alicia. Cuatro.
- Los hombres de Paco (2007). Telecinco.
- El comisario (2007). Como Julie. Telecinco.
- Amar en tiempos revueltos (2008). TVE.
- LEX (2008). (Antena 3)
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2001, nomeada á Mellor interpretación feminina protagonista nos Premios Chano Piñeiro por Rías Baixas.
- 2009, nomeada nos I Premios del Público TV como Mellor actriz protagonista de drama por Hay alguien ahí[1].